A Casa da Troia,A Casa da Troia (2020). Colección Fervenza. Auga Editora. ISBN 978-84-121795-0-7. orixinalmente La casa de la Troya. Estudiantina,Edicións de La casa de la Troya na Biblioteca Nacional de España. é unha coñecida e exitosa novela romántica do escritor Alejandro Pérez Lugín publicada en 1915, da que se fixeron múltiples reedicións, varias adaptacións ao teatro, cine e televisión e foi traducida a varias linguas. A acción desenvólvese en Santiago de Compostela. Na súa primeira edición a cuberta foi ilustrada por Castelao.Primeira edición na BNE. A obra, escrita en lingua castelá, está dedicada polo autor, fillo de santiaguesa e madrileño de nacemento, "A miña nai" (escrito así, en lingua galega).
Trama A obra narra a historia dun mozo da época, Gerardo Roquer, que leva unha vida desordenada en Madrid e é obrigado polo seu pai a estudar a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, algo que el interpreta como un desterro. Aínda que ao principio lle resulta difícil adaptarse á vida na que el ve como unha simple cidade de provincias, acabará establecendo boas relacións cos seus compañeiros de pensión (a chamada Casa de la Troya), e mesmo coñecerá o amor da súa vida, Carmiña de Castro Retén, unha moza que ten o pazo familiar en Sada.
Varios dos personaxes están baseados en persoas reais, como Enrique Labarta Pose, Carlos Pardo Pallín, Jacobo Gil Villanueva, Javier Puig Llamas, Camilo Bargiela ou José Antonio Fernández "O Merlo"."A novela" Museo Casa da Troya.
Edicións e traducións A obra de Pérez Lugín foi un grande éxito na súa época. En 1925 as edicións do libro eran xa trinta e en 1946 existían setenta. En 1970 vendíanse en España 10 000 exemplares anuais da novela. En 1991 foi incluída na Biblioteca 114 (volumes 9 e 10). En 2004 foi incluída na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia (vol. 7). En total foi reeditada máis dun cento de veces e traducida ao inglés, ao portugués, ao francés, ao italiano e ao danés."Preséntanse novas edicións da novela “La Casa de la Troya” de Alejandro Pérez Lugín, por primeira vez en galego, italiano e danés" (19/5/2021). lacasadelatroya.gal. En 2020 foi publicada por Auga Editora a tradución ao galego, de Mercedes Pacheco Vázquez.
Adaptacións Foi adaptada a outros medios en varias ocasións: ao teatro, cinco veces ao cine (tres en España, unha nos Estados Unidos de América e unha en México)"‘La Casa de la Troya’ e o cinema" Compostela Filmada. Concello de Santiago de Compostela. e á televisión dúas veces (unha na Arxentina e outra en TVE): miniatura|Adaptación teatral de La casa de la Troya e Currito de la Cruz.Biblioteca Digital Hispánica Biblioteca Nacional de España. miniatura|Metro-Goldwyn-Mayer presents Ramón Novarro in In Gay Madrid. La casa de la Troya (1919), adaptación teatral de Manuel Linares Rivas e do propio Lugín, estreada no Teatro de la Comedia de Madrid o 26 de febreiro de 1919. La casa de la Troya (1925), filme de cine mudo dirixido por Manuel Noriega e o propio Lugín, coa actuación de Carmen Viance como Carmiña e Luis Peña Sánchez como Gerardo."La casa de la Troya · España 1925" Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. In Gay Madrid (1930), filme musical da Metro-Goldwyn-Mayer, dirixido por Robert Z. Leonard, cos actores Ramón Novarro e Dorothy Jordan. La casa de la Troya (1936), filme dirixido por Adolfo Aznar e José Vilá Vilamota, con Tony D'Algy como Gerardo e Isa de Navarra como Carmiña."La casa de la Troya · España 1936" Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. La casa de la Troya (1948), filme mexicano dirixido por Carlos Orellana, con Armando Calvo e Rosario Granados. A casa da Troia (1959), filme dirixido por Rafael Gil, o primeiro en cor e o máis popular de todos, con Arturo Fernández como Gerardo e Ana Esmeralda como Carmiña."La casa de la Troya · España 1959" Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. La casa de la Troya (1960), serie de televisión de 8 capítulos do Canal 9 arxentino, adaptada por Abel Santa Cruz, con Fernando Siro e Lolita Torres nos papeis principais. La casa de la Troya (1965), do espazo televisivo Novela del lunes, de TVE, con Elisa Ramírez.
Polémica sobre a autoría Unha polémica contribuíu á popularidade da obra. En 1924 Pérez Lugín denunciou o xornalista José Signo, quen nun artigo no xornal vigués La Concordia afirmara que o autor da novela era o, daquela xa finado, Camilo Bargiela. O xornalista, defendido polo avogado Valentín Paz-Andrade, foi xulgado na Audiencia de Pontevedra en agosto de 1924 e condenado por inxurias. Pérez Lugín estivo defendido polo avogado Prudencio Landín Tobío, quen en 1925 publicou a obra La paternidad de La Casa de la Troya ante los tribunales de justicia.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
ISBN 84-7119-058-9.
Outros artigos Tuna
Ligazóns externas Museo Casa da Troya Concello, USC, Deputación, Xunta etc Páxina sobre a novela Editorial Camiño do Faro.
Categoría:Novelas ambientadas en Santiago de Compostela Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras literarias de 1915 Categoría:Alejandro Pérez Lugín