Khloé Alexandra Kardashian, nada nos Ánxeles o 27 de xuño de 1984, é unha personalidade de televisión, empresaria, actriz e socialite estadounidense. Dende 2007, protagoniza o programa de telerrealidade Keeping Up with the Kardashians. O seu éxito levouna a ela e á súa familia a alcanzar a fama mundial.The Futon CriticLook Out, New York: Here Comes E!'s New Kardashian Show

Familia O seu pai foi Robert Kardashian, quen faleceu no 2003, e a súa nai é Kris Houghton. Ten dúas irmás máis vellas (Kourtney e Kim) e un irmán máis novo (Rob). Tamén conta con dúas medio-irmás de nai, (Kendall e Kylie).

Khloé estivera casada co baloncestista Lamar Odom dende 2009 ata 2016. Dende 2016 está nunha relación co tamén baloncestista Tristan Thompson. Teñen unha filla, True Thompson, nada no 2018.

Notas

Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1984 Categoría:Modelos dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades da televisión Categoría:Estadounidenses de ascendencia armenia Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa