Víctor Álvarez del Caño, Víctor A. del Caño, ou Víctor del Caño, nado en Castrelo de Miño o 27 de maio de 1968 e finado en Silleda o 13 de febreiro de 1993, foi un poeta galego.
Traxectoria Fillo dunha mestra de educación primaria e dun labrego, a súa infancia transcorre en Castrelo de Miño, onde está situado o fogar familiar. Trala súa orfandade, ós oito anos, múdase ó concello de Cartelle (provincia de Ourense), lugar no que ha residir ata a maioría de idade. Cursa o bacharelato no Seminario de Ourense e posteriormente estudos de Historia, Arqueoloxía e Antropoloxía nas universidades de Compostela e Salamanca. A súa formación viuse truncada por causa da súa morte ós vinte e catro anos, nun accidente de tráfico na estrada N-525 á altura de Silleda.La Voz de Galicia, 14-2-1993, p. 27.
A súa actividade literaria abrangue un período aproximado de seis anos, comprendido entre 1987 e 1993. En xullo de 2018 publicouse, a título póstumo, o poemario A pel do silencio, en edición limitada numerada, que contén sesenta e cinco dos seus poemas. A produción poética de Víctor Álvarez del Caño engloba obras escritas tanto en galego como en castelán, non en van á súa xenealoxía por rama paterna, de devanceiros enraizados na comarca do Ribeiro, cómpre sumar o sangue castelán achegado pola do seu bisavó materno.
Obra "Chove miudiño" e "Escoita", poemas en Esa manía túa de vivir en presente, 1994. A pel do silencio'', 2018. Poemario póstumo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Nados en Castrelo de Miño Categoría:Nados en 1968 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas da comarca do Ribeiro Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Finados en accidente de tráfico