Urmas Sisask, nado en Rapla o 9 de setembro de 1960 e finado o 17 de decembro de 2022, foi un compositor estoniano.

Traxectoria Estudou composición na Escola de Música de Talin con Anatoli Garšnek, René Eespere e Matt Kuulberg con especial interese polo canto gregoriano e a música barroca, e en 1985 graduouse no Conservatorio Estatal de Talin.

O seu estilo era ecléctico; moitas das súas creacións estaban inspiradas na astronomía: baseándose nas traxectorias dos planetas do sistema solar creou a que denominou escala planetariaDavid Michael Edmonds(2012) Music of the Spheres: Astronomy and Shamanism in the Music of Urmas Sisask University Of North Texas, p. 7, un modo musical baseado nas notas dó#, re, fa#, sol# e la. A maioría das súas pezas compúxoas para coros mixtos, a máis famosa Gloria Patri e entre as creadas para coros masculinos salienta Reekviem Eesti vabaduse eest langenute mälestuseks, un dos seus traballos máis recoñecidos"Urmas Sisask" en Eesti Muusika Infokeskus. Tamén realizou traballos para osquestra, piano e clarinete e numerosas pezas sacras, que tamén evocan vividamente o seu interese pola cosmoloxíaNick Strimple (2002) Choral Music in the Twentieth Century. Amadeus Press: New Jersey, p. 167. Son numerosas as súas colaboracións con casas editoras e discográficas: aínda que a maioría das súas obras saíron con Edition 49, outras editáronas Harmonia Mundi, Fennica Gehrman, Finlandia music etc., e colaborou tamén con Radio France, Philharmonic Chamber Choir dirixido por Paul Hiller, Eesti Filharmoonia Kammerkoor dirixido por Anne-Liis Treimann ou Eesti Riiklik Sümfooniaorkester.

Escribiu máis de 150 obras, aproximadamente un terzo baseadas na astronomíaJosé Antonio Caballero "Urmas Sisasks" Astronomía 168, xuño de 2013, p. 75, e editou 14 CD coa súa obra e outros 40 inclúen algunha peza súa. Tamén participou na banda sonora do filme alemán Der Krieger und die Kaiserin e no teatro musical, en obras como a ópera infantil Kuri kuningatütar (1985) ou Viimane mägi (2009). Está considerado un dos compositores estonianos máis influentesUrmas Sisask en Discogs. Sisask traballou como profesor de música e director de coro na localidade de Jäneda. miniatura|Urmas Sisask nunha clase maxistral nunha escola de verán en 2008

Obras 1980–1987 Tähistaeva tsükkel, para piano 1988 Gloria Patri 24 himnos sacros para coro mixto a capella: Surrexit Christus - Omnis una - Alleluia - Benedicamus - Laudate Dominum - Kyrie - Deo gratias - Pater noster - Sanctus - Stabat Mater dolorosa - Ave Maria - Credo - O sanctissima - O salutaris Hostia - Ave verum Corpus - Libera me - Dominus vobiscum - Surrexit Dominus - Confitemini Domino - Tempore natalis Domini - Ave Regina caelorum - Gloria tibi, Domine - Oremus - Agnus Dei 1989 Plejaadid, para piano 1990 Linnutee galaktika, piano a catro mans 1991 Andromeda galaktika, para piano 1992 Kiitkem sudamest Mariat, coro masculino 1992 "Jõuluoratoorium", oratorio 1993 Magnificat 1994 Missa Nr. 1 1995 Sümbiootiline Sümfoonia 1995 Komeet Hyakutake, para orquestra e percusión 1998 Reekviem Eesti vabaduse eest langenute mälestuseks, para coro masculino e orquestra sinfónica 1998 Ave Sol 1999 Missa Nr. 4 op. 46: Jõulumissa, misa de Nadal 2000 Põhjanael 2001 Leoniidid, concerto para frauta e orquestra 2002 Universumi hääled op. 88, para 4 pianos para 16 mans 2002 Benedictio, para coro mixto 2002 Sirio, para piano a catro mans 2003 Pro Patria, oratorio para soprano, coros, e orquestra. 2007 Sümfoonia Nr. 3 2008 Veni Creator Spiritus 2012 Eivere tähed 2013 Elu Plejaadide taga 2015 Kvasarid 2015 Laulame Soome linnadest 2016 Floret Silva Nobilis

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Urmas Sisask Eesti Muusika Infokeskus Vídeo en Youtube da peza de Sisask Universumi hääled op 88. Academia Estoniana de Teatro e Música

Categoría:Compositores de Estonia Categoría:Nados en 1960 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Rapla Categoría:Directores de coro