Aleksandar Cvetković (en serbio cirílico: Александар Цветковић), nado o 12 de novembro de 1993 en Belgrado é un xogador profesional de baloncesto serbio. Formado nas categorías inferiores do KK Crvena zvezda, cunha altura de 1,88 m xoga na posición de base. No ano 2011 foi nomeado unha das mellores promesas do baloncesto FIBA. Actualmente xoga para o Coosur Real Betis da Liga ACB.

Traxectoria Nado en Belgrado, Cvetković formouse nas categorías inferiores do Crvena zvezda (Estrela Vermella). No ano 2010 chega ao primeiro equipo baixo a dirección do técnico Mihailo Uvalin. En febreiro de 2011 é nomeado sétimo Mellor Xogador promesa do mundo da FIBA (quedaron por diante súa Jonas Valančiūnas, Nikola Mirotić, Enes Kanter, Dario Šarić, Alessandro Gentile e Tornike Shengelia). No ano 2012 compite no Nike Hoop Summit representando a Serbia. A finais dese mesmo ano, o 21 de novembro, Cvetković xoga o seu partido con maior valoración na EuroCup ao anotar 9 puntos ante o Dinamo Sassari. No ano seguinte debuta en Euroliga, concretamente o 24 de outubro ante o Maccabi Electra Tel Aviv. Nesa mesma edición da competición, anota un mes despois catro puntos en sete minutos ante o Lietuvos rytas na última xornada da fase regular.

A pesar das actuacións anteriores, Cvetković non consegue facerse cun oco no quinteto inicial do Crvena zvezda. Con 20 anos, o 27 de decembro de 2013 sae cedido na procura de máis tempo de xogo ao MZT Skopje macedonio. O 3 de xaneiro debuta co seu novo equipo na Liga do Adriático (ABA) anotando 10 puntos na vitoria por 73–63 ante o Szolnoki Olaj. Na Liga ABA tería outras destacábeis actuacións como os 13 puntos na vitoria fóra da casa ante o Igokea (65-79) ou o case triplo-dobre con 17 puntos, 10 rebotes e 8 asistencias ante o Cibona en Zagreb. Esta actuación levouno a ser nomeado MVP da xornada da ABA. Finalmente, en 12 partidos na competeción, fixo uha media de 8 puntos, 2,3 asistencias e 3,1 rebotes por partido. Tras acabar a cesión, no verán de 2015 fai a pretemporada co Valencia, aínda que finalmente non fica no equipo.

Clubs KK Crvena zvezda (KLS / ABA / EuroCup / EuroLeague, 2010−2015) KK MZT Skopje (MKF / ABA, 2013−2015) KK Partizan (KLS / ABA, 2015−2016) Bàsquet Manresa (ACB, 2016−2017) CB Estudiantes (ACB / BCL, 2017−2018) CB Breogán (ACB, 2018−2019) KK Igokea (KSBiH / ABA, 2019) Bàsquet Manresa (ACB, 2019−2020) CB Estudiantes (ACB, 2020−2021) Plateros de Fresnillo (ACB, 2021) Real Betis (ACB, 2021−presente)

Palmarés Liga de Serbia Subcampión (3): 2012, 2013, 2016 Copa Radivoj Korać Campión (1): 2013 Subcampión (2): 2012, 2016 Liga de Macedonia Campión (2): 2014, 2015 Copa de Macedonia Campión (1): 2014 Liga do Adriático Subcampión (1): 2013 Nike International Junior Tournament (1): 2011 Xogador da xornada da Liga ABA (2): 2014, 2016 Medalla de prata no Mundial sub-19 de Letonia 2011 Medalla de bronce no Eurobasket sub-16 de Lituania 2009 Sétimo mellor xogador promesa do mundo da FIBA 2011. Quinteto ideal do Mundial sub-19 de Letonia 2011.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com Perfil en eurocupbasketball.com perfil en fiba.com Perfil en draftexpress.com

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores do KK Crvena zvezda Categoría:Xogadores do KK MZT Skopje Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do KK Igokea Categoría:Xogadores do CB Sevilla