A casa da choiva (en ) é un filme galego de 1943 dirixido por Antonio Román.
Argumento Un matrimonio, Fernando e Teresa, vive cunhas modestas rendas nun solitario pazo galego. A visita de dúas persoas para alugaren uns cuartos parece aliviar a amarga situación dos Amil. Mais comezan a xurdir sospeitas, problemas e, aos poucos, revélase un auténtico proceso de namoramento.
Elenco
Luis Hurtado como Fernando Amil Blanca de Silos como Lina Carmen Viance como Teresa Amil Nicolás D. Perchicot como Elías Morell Rafaela Satorrés como Marina Antonio Bayón como criado Luis Latorre como director do manicomio Manuel de Juan como empregado do manicomio 1 Antonio L. Estrada como empregado do manicomio 2
Produción Está baseado nunha novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez. Parte da película foi rodada no Pazo da Picoña, na Picoña, en Salceda de Caselas. Foi dobrado ao galego e emitido na TVG o 16 de outubro de 1986, dentro do programa Galicia no cine.
Notas
Categoría:Filmes de 1943 con versión en galego Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia