Jordan Bernt Peterson, nado en Alberta o 12 de xuño de 1962, é un psicólogo clínico canadense, profesor de psicoloxía na Universidade de Toronto. As súas principais áreas de estudo son a psicoloxía anormal, social e a psicoloxía da personalidade, particularizando na psicoloxía das relixións e das crenzas ideolóxicas, e na avaliación da personalidade e no desempeño profesional.
Traxectoria Peterson estudou na Universidade de Alberta e na Universidade McGill. Permaneceu en McGill como colexiado post-doutoramento dende 1991 ata 1993 antes de trasladarse á Universidade Harvard, onde foi primeiro asistente e despois profesor asociado no departamento de psicoloxía. En 1998 mudouse de novo ó Canadá, pasando a ser profesor na Universidade de Toronto, dentro do departamento de psicoloxía da mesma.
O seu primeiro libro, Maps of Meaning: The Architecture of Belief, publicado en 1999, examina varios campos académicos para describir a estrutura dos sistemas de crenzas e mitos, o seu papel na regulación das emocións, a creación de significado e a motivacións para o xenocidio. O seu segundo libro, 12 Rules for Life: An Antidote to Chaos, publicouse en xaneiro de 2018.
En 2016 Peterson publicou unha serie de vídeos en YouTube criticando a corrección política e a Acta C-16 do goberno canadense polas súas implicacións na liberdade de expresión. Tras isto recibiu unha cobertura signifivativa nos medios, atraendo críticas tanto positivas como negativas.
Obra Libros
Artigos máis citados
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Alberta Categoría:Escritores do Canadá Categoría:Canadenses de ascendencia norueguesa Categoría:Psicólogos do Canadá Categoría:Activistas do Canadá Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Alumnos da Universidade McGill Categoría:Alumnos da Universidade de Alberta Categoría:Profesores da Universidade de Toronto