A píllara semipalmada (Charadrius semipalmatus) é unha pequena ave carádrida. Ten os pés parcialmente palmados, como indica o seu nome.
Descrición
Esta especie pesa de 22 a 63 g e mide de 14 a 20 cm de lonxitude e de 35 a 56 cm de envergadura.CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), . Os adultos teñen o dorso e as ás maróns agrisados, un ventre branco e un peito branco cunha banda negra. Ten a parte superior da cabeza negra, fronte branca e unha máscara negra arredor dos ollos e un bico curto laranxa con punta negra. right|miniatura|Vocalización
Hábitat
O seu hábitat reprodutor son os chans abertos de praias ou chairas do norte do Canadá e Alasca. Aniñan no chan con pouca ou nula vexetación.
Son migratorias e invernan en áreas costeiras do sur dos Estados Unidos, o Caribe e gran parte de Suramérica. Son aves errantes extremadamente raras en Europa occidental, e atopáronse en Terra de Fogo e as illas de Scilly británicas. O seu verdadeiro status pode quedar escurecido pola dificultade de identificalo sen confundilo coa moi similar píllara real de Eurasia, da cal anteriormente era considerada unha subespecie.
Comportamento
Aliméntase nas praias, chairas mareais e campos utilizando a vista. Come insectos, crustáceos e vermes. Lembra unha píllara rabirrubia (Charadrius vociferus) pero é moito menor e ten só unha banda no peito.Kaufman, Kenn. (2000) Kaufman Field Guide to Birds of North America. New York: Houghton-Mifflin. Como aniña no chan, usa unha exhibición de "á rota" para intentar enganar os intrusos e afastalos do niño, que é unha exhibición similar á que fai a emparentada píllara rabirrubia.University of Michigan Animal Diversity Web http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Charadrius_semipalmatus/
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Semipalmated plover species account - Cornell Lab of Ornithology Semipalmated plover - Charadrius semipalmatus - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter Semipalmated plover, Environment Canada
Categoría:Carádridos Categoría:Animais descritos en 1825