Butrus RaiTransliteración segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito.Tamén coñecido por outras romanizacións do seu nome: Boutros Raï, Pierre Rai. (en ), nado en Alepo o 8 de novembro de 1922 e finado o 7 de xuño de 1994, foi un relixioso católico melquita sirio, arcebispo de Nosa Señora do Paraíso en México dende 1988 até o seu pasamento. Traxectoria Xurx Kahala naceu en Alepo o 8 de novembro de 1922. Foi ordenado sacerdote basiliano alepino o 26 de xuño de 1948.

O 9 de setembro de 1968 foi nomeado bispo auxiliar do patriarcado de Antioquía e bispo titular de Edessa in Osrhoëne. Recibiu a consagración episcopal o 10 de novembro do mesmo ano de mans do patriarca Máximo V na catedral de santo Elías de Beirut.

Logo da institución da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo) por Paulo VI, o 15 de setembro de 1973 foi nomeado membro consultor da mesma.

O 27 de febreiro de 1988 foi nomeado bispo de Nosa Señora do Paraíso en México. Dous anos máis tarde, o 19 de febreiro de 1990 foi elevado a arcebispo e nomeado exarca apostólico de Venezuela. Finou no cargo, o 7 de xuño de 1994.

Notas

Categoría:Nados en 1922 Categoría:Nados en Alepo Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos da Igrexa católica greco-melquita Categoría:Arcebispos católicos de México Categoría:Arcebispos católicos de Siria Categoría:Arcebispos católicos de Venezuela Categoría:Basilianos alepinos Categoría:Relixiosos católicos de Siria Categoría:Membros da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental