O pilro escuro ou pilro cincento (Calidris maritima) é unha pequena ave costeira do xénero dos pilros, Calidris.

Descrición miniatura|esquerda|Plumaxe de verán miniatura|esquerda|Plumaxe de inverno Os adultos teñen patas curtas amarelas e un bico fino, escuro con base amarela, de tamaño medio. O corpo é escuro na parte superior con lixeiros tons púrpura e pola parte inferior é principalmente branco. O peito está manchado de gris e a parte traseira é negra. Mide de 20 a 22 cm de lonxitude e 42 a 46 cm de envergadura, e pesa de 50 a 105 g.

Medidias estándar Lonxitude 210–140 mm Peso 70 g Envergadura 430 mm Á 117,9–130 mm Cola 55,9–63 mm Culmen 27,2–32 mm Tarso 22-23,8 mm

Reprodución miniatura|Ovos desta especie na colección do Museo de Wiesbaden, Alemaña O seu hábitat de reprodución é a tundra ártica das illas do norte do Canadá e as áreas costeiras de Groenlandia e noroeste de Europa. Aniñan no chan en rochas elevadas ou en lugares baixos húmidos. O macho escava varias depresións; a femia escolle unha e pon de 3 a 4 ovos. O macho asume a principal responsabilidade durante a incubación e ocúpase dos pitos. As crías aliméntanse por si mesmas.

Informouse dun caso aparente de hibridación entre esta especie e o pilro común (Calidris alpina) en Inglaterra.

Distribución e migración Reprodúcense nas costas árticas dende o Canadá ao noroeste de Europa. Son migrantes tardíos e móvense ás costas rochosas atlánticas libres de xeo en inverno, pero a maioría non van máis ao sur que Carolina do Norte (na parte americana) e norte de Portugal (na parte europea). Pode verse nas costas cantábricas galegas en inverno. Son bastante gregarios, forman pequenas bandadas, a miúdo con virapedras (Arenaria interpres). Esta especie é domesticable e accesible.

Alimentación Comen nas costas rochosas capturando o alimento usando a vista. Aliméntanse principalmente de artrópodos e moluscos e tamén algo de materia vexetal.

Status O pilro escuro é unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas (AEWA).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Purple sandpiper facts en BTO BirdFacts información en eNature.com

Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1764