BLITS, acrónimo de Ball Lens In The Space, é un satélite artificial ruso lanzado o 17 de setembro de 2009 como carga secundaria a bordo dun foguete Soiuz 2-1b Fregat desde o Cosmódromo de Baikonur.
Características BLITS é un satélite pasivo, con forma de esfera de 170 mm de diámetro. Está construído de tal xeito que é retrorreflector, coa misión principal de validar o concepto de satélite esférico de vidro retrorreflector e obter datos científicos en xeofísica, xeodinámica e relatividade grazas a medicións desde terra mediante láser con precisión dun milímetro ou inferior.
O satélite está formado por dous hemisferios feitos con vidro de baixo índice de refracción e unha esfera interna feita de vidro de alto índice de refracción. Un dos hemisferios está recuberto cunha capa protectora de aluminio e verniz. A masa total do satélite é de 7,53 kg.
Desde o 22 de xaneiro de 2013, BLITS é seguido como se fora dous obxectos en órbita, o que indica unha posible fragmentación en órbita, posiblemente debido a unha colisión.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz 2-1b Fregat
Categoría:Satélites artificiais