O Cruceiro do adro de San Roque de Melide está situado ao carón da capela de San Roque en Melide. A súa cruz é de estilo gótico, do século XIV e, segundo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, vén sendo o cruceiro máis antigo de Galicia. Está formado por unha base de pedra sobre a que se sitúa unha columna octogonal recente. Un aro de ferro une a columna á cruz. Na parte frontal amósase unha escena de Cristo en Maxestade cos brazos abertos e en alto e as palmas das mans mirando á fronte. Na parte traseira atópase a escena da Crucifixión de Xesús.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: As cruces de pedra na Galiza Outros artigos Cruceiro Ligazóns externas Cruceiro do adro de San Roque de Melide en turismo.gal. Xunta de Galicia.
Categoría:Melide San Roque