O río Abelenda é un río do concello de Tordoia, na provincia da Coruña, afluente do río Paradela. No seu curso baixo coñécese como río Carballal.

O río nace nos lindes entre Tordoia e Trazo, na Fonte da Regueira baixo a aldea do Carballal. Despois segue cara ao noroeste pasando polas parroquias de Vilarbó e Pazos. Entón o río diríxese cara ao nordés desembocando no río Paradela tras cruzar Santaia de Gorgullos.

Categoría:Ríos da provincia da Coruña Categoría:Tordoia