Prysmian é unha empresa italiana formada pola fusión da empresa italiana Pirelli cables e Draka. Ten sede en Milán e adícase á produción de cables eléctricos e de telecomunicacións.

As orixes da empresa están na fundación en 1879 de Pirelli cables e sistemas. En 1902 abriu unha fábrica en Barcelona. En 2011 fusiónase con Draka. En 2017 mercou a marca norteamericana General Cable.

Sancións En 2017 a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia impuxo 44,7 millóns de euros de sanción a cinco cárteles que se repartían o mercado do sector de cables eléctricos de baixa tensión para a construción de hospitais, uso doméstico, edificación de vivendas, obras de empresas enerxéticas, telefonía, ferroviarias, navais e grandes proxectos internacionais entre os que estaba Prysmian. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Empresas de Italia