Fulmarus (os fulmares) é un xénero de aves mariñas da familia dos proceláridos con dúas especies actuais e dúas especies fósiles coñecidas. Lembran superficialmente a gaivotas, pero diferéncianse en que teñen tubos nasais característicos e unha forma distinta de voar que a das gaivotas coas ás ríxidas, e non pertencen á familia das gaivotas, senón á dos proceláridos. Xeralmente reprodúcense facendo un niño no chan en cantís, onde poñen un, ou raramente dous, ovos. Fóra da estación reprodutora son peláxicos, alimentándose de peixes, luras e gambas en mar a fóra. Producen un aceite estomacal fedorento que poden lanzar contra os seus inimigos e tamén lles serve como fonte enerxética de reserva.Double, M. C. (2003)
Etimoloxía O nome xenérico Fulmarus deriva das palabras do nórdico antigo fúll, 'fedorento' e már 'gaivota', en referencia ao mal cheiro do seu aceite estomacal, que poden lanzar contra os intrusos.Gotch, A. T. (1995)
Taxonomía Existen dúas especies de fulmares, que ocupan o mesmo nicho ecolóxico, unha na zona ártica e outra na antártica. O fulmar do Ártico ou boreal é a especie Fulmarus glacialis, que vive no norte do Atántico e do Pacífico. O fulmar do Antártico é o Fulmarus glacialoides que vive nos océanos do sur nas rexións antárticas. A especie do norte é gris e branca e ten bico amarelo, mide de 43 a 52 cm de lonxitude e de 102 a 112 cm de envergadura.Maynard, B. J. (2003) A especie do sur é de cores máis claras coa punta do bico negra e mide de 45 a 50 cm de lonxitude e de 115 a 120 cm de envergadura.
Describíronse ademais dúas especies prehistóricas fósiles atopadas na costa do Pacífico en California: Fulmarus miocaenus (da Formación Temblor do Oligoceno-Mioceno) e Fulmarus hammeri (do Mioceno).
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ver tamén outras publicacións máis recentes con título similar.
Ligazóns externas Perfil do fulmar do norte como parte de BTO BirdFacts Vídeos, fotos e sons de fulmares do norte en Internet Bird Collection Vídeos fotos e sons de fulmares do sur en Internet Bird Collection
Categoría:Proceláridos