O cullereiro africano (Platalea alba) é unha ave acuática de patas longas"African Spoonbill." Honoluluzoo.org. Consultado en xuño de 2011. da familia dos ibis e cullereiros, Threskiornithidae. A especie esténdese por África continental e Madagascar, incluíndo Botswana, Kenya, Mozambique, Namibia, Suráfrica e Zimbabwe.
Bioloxía
Viven en zonas húmidas pantanosas con zonas de augas abertas pouco profundas e aniñan en colonias nas árbores ou xunqueiras. Normalmente non comparten as colonias con cegoñas ou garzas. O cullereiro africano aliméntase en augas pouco profundas, onde captura peixes, moluscos, anfibios, crustáceos, insectos e larvas. Utiliza o seu peteiro espatulado aberto para capturar o alimento movéndoo de lado a lado na auga e péchao cando atopa algo. As súas patas longas e delgadas e dedas finas permítenlle camiñar doadamente en diversas profundidades de auga.
É unha especie case inconfundible na maior parte da súa área de distribución. O paxaro en idade reprodutora é todo branco agás nas súas patas e face, que son vermellas, e no longo e espatulado peteiro. Non ten crista, a diferenza do cullereiro Platalea leucorodia. As aves inmaturas non teñen a cara vermella e o seu pico é amarelo. A diferenza das garzas, os cullereiros voan cos pescozos estendidos.
Reprodución miniatura|esquerda|En voo miniatura| Platalea alba Empezan a reproducirse en inverno e seguen na primavera. A niño está xeralmente localizado en árbores que colgan sobre a auga, e está construído de ramiñas e xuncos e forrado con follas. Poñen de tres a cinco ovos, xeralmente nos meses de abril e maio. Ambos os proxenitores incuban os ovos durante 29 días, e despois de eclosionaren as crías son coidadas por ambos os pais durante de 20 a 30 días. As crías poden abandonar o niño pouco despois e empezan a voar pasadas outras catro semanas.
É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación de aves acuaticas migratorias africanas-eurasiáticas (AEWA).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Grzimek, H. C. Bernhard, ed. (1972). Grzimeks Animal Life Encyclopedia of Birds. Nova York, Nova York: Van Nostrand Reinhold Company. Middleton, Alex L. A. e Dr. Christopher M. Perrins, eds. (1985). The Encyclopedia of Birds. Nova York, Nova York: Facts on File, Inc.
Ligazóns externas
African Spoonbill - Species text in The Atlas of Southern African Birds.
Categoría:Tresquiornítidos Categoría:Animais descritos en 1786