miniatura|Ovo de Picoides tridactylus miniatura|P. tridactylus, exemplar xove. O peto tridáctilo (Picoides tridactylus) é unha especie de ave piciforme da familia Picidae.

Descrición

Os adultos miden de 21,5 a 24 cm de lonxitude. É de cor negra na cabeza, as ás e a cola, e branco desde a garganta ata o ventre. Os flancos e a parte posterior son de cor branca con franxas negras, e a cola de cor negra coas plumas externas brancas barradas con negro. Os machos adultos teñen un píleo amarelo.

En Eurasia é o único peto cun píleo de cor amarela, o único con tres dedos nas patas, e un dos dous únicos petos de plumaxe branca e negra que carecen de plumas vermellas.

Distribución e hábitat

O hábitat de reprodución esténdese a través dos bosques de coníferas do norte de Eurasia desde Noruega a Corea. Tamén hai poboacións nos Alpes e Cárpatos.

É normalmente residente permanente, pero as aves do norte adoitan migrar cara ao sur e as aves en altas elevacións poden pasar a niveis máis baixos no inverno.

Alimentación Aliméntan se en árbores de coníferas, onde buscan larvas de escaravellos que furan a madeira ou doutros insectos. Tamén poden comer a froita e o zume da árbore. Estas aves móvense a zonas cun gran número de árbores infestados de insectos, a miúdo despois dun incendio forestal ou inundación.

Taxonomía Antes considerábase que a especie comprendía tamén formas que vivían en América do Norte, pero posteriores investigacións aconsellaron separalos en especies distintas, o peto tridáctilo eurasiático quedou co nome P. tridactylus, mentres que o americano denominouse P. dorsalis..

Recoñécense as seguintes subespecies do peto tridáctilo eurasiático: P. t. albidior Stejneger, 1885 P. t. alpinus C. L. Brehm, 1831 P. t. crissoleucus (Reichenbach, 1854) P. t. funebris J. Verreaux, 1870 P. t. inouyei Yamashina, 1943 P. t. kurodai Yamashina, 1930 P. t. tianschanicus Buturlin, 1907 P. t. tridactylus (Linnaeus, 1758)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gorman, Gerard (2004): Woodpeckers of Europe: A Study of the European Picidae. Bruce Coleman, UK. ISBN 1-872842-05-4.

Ligazóns externas Imaxes en www.naturlichter.com

Categoría:Pícidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Eurasia