Psiconautas, los niños olvidados é un filme galego de animación de 2015, dirixido por Alberto Vázquez e Pedro Rivero.
É a adaptación da novela gráfica Psiconautas, do propio Alberto Vázquez. Gañou o Goya á mellor película de animación do 2016 e foi preseleccionada para os Oscar.
Argumento Birdboy e Dinki son dous adolescentes que decidiron escapar dunha illa asolagada por unha catástrofe ecolóxica: Birdboy illándose do mundo, Dinki emprendendo unha arriscada viaxe coa esperanza de que Birdboy a acompañe.
Produción É unha coprodución entre a galega ZircoZine, de Luís Tosar e Farruco Castromán, e a vasca Basque Films. Trátase da segunda adaptación da novela de Alberto Vázquez, despois da curta Birdboy, que tamén gañou un Goya e foi preseleccionada para os Oscar.
A pesar de ser proxectada en diversos festivais dende o 2015, non se estreou nos cines até o 2017.
Recepción e premios O filme foi ben recibido pola crítica e acumulou premios dende a súa mesma estrea no Festival de Donostia, no que gañou o premio Lurra ("Terra" en éuscaro), entregado por Greenpeace. Cando o filme se estreou nos cines, xa levaba gañados numerosos premios como o Goya á mellor película de animación, o Premio Platino á mellor película de animación ou os premios a mellor película de animación dos festivais de Stuttgart e Sofía. Ademais foi preseleccionado para os Oscar.
O éxito de crítica non foi acompañado por un éxito de audiencia e o filme rematou 2017 cunha recadación acumulada nos cines españois de 15.912€ e 2.883 espectadores. Con todo, fóra de España o filme logrou unha recadación unhas seis veces maior.
Lista de premios
Premio Goya á mellor película de animación de 2016. Premio Platino á mellor longametraxe de animación de 2017. Mellor longametraxe de animación do Festival de Stuttgart de 2016. Mellor longametraxe de animación do Festival de Sofía de 2016. Mellor longametraxe do Festival Internacional de Animación Anilogue de Budapest de 2016. Premio do público no Festival Internacional de Cine Fantástico de Lund de 2016. Mellor longametraxe e mellor longametraxe conceptual no festival Reanimania de Ereván de 2016. Mellor longametraxe no Expotoons de Buenos Aires de 2016. Premio do público e premio á mellor longametraxe no Festival de Cine TOHORROR de Turín de 2016. Mellor longametraxe no Festival Internacional de Cine de Terror MACABRO de Monterrey de 2016. Mellor longametraxe internacional de animación no Festival Internacional de Cine de Monterrey de 2016. Mellor longametraxe de animación no Festival de Cine Imaginaria de Conversano (Italia) de 2016. Mellor longametraxe de animación no Festival Internacional de Cine Fantasía de Montreal de 2016. Premio do público no Festival Internacional de Cine de Animación Animator de Poznań de 2016. Mellor longametraxe de animación no Festival Internacional de Cine de Animación Golden Kuker-Sofía de Sofía de 2016. Mellor longametraxe de animación no Festival de Cine de Animación de Stuttgart de 2016. Premio Lurra no Festival Internacional de Cine de Donostia de 2016.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina oficial do filme (en castelán). Ficha do filme en IMDb (en inglés). Ficha do filme en Filmaffinity (en castelán).
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Alberto Vázquez