Lanzamento de xavelina300px|centradoMellores marcas homesMundial Jan Železný 98,48 m (1996)Olímpico Andreas Thorkildsen 90,57 m (2004)Mellores marcas mulleresMundial Barbora Špotáková 72,28 m (2008)Olímpico Osleidys Menéndez 71,53 m (2004)</small></small>

O lanzamento de xavelina é unha proba de atletismo que, como o seu nome indica, consiste en lanzar unha xavelina. A xavelina está construída cun material regulamentario de metal ou de fibra de vidro, co obxectivo de que chegue o máis lonxe posíbel. O lanzamento de xavelina forma parte do programa de atletismo dos Xogos Olímpicos da era moderna desde 1908.

Orixe deste deporte

Tendo en conta que o lanzamento de artefactos de diferentes formas e tamaños para cazar animais a distancia para conseguir sustento remóntase a moitos miles de anos atrás, e que o home desde antigo sempre tivo unha tendencia a medirse cos demais homes para demostrar que era o mellor, pódese supoñer que a exhibición deste tipo de habilidades, lanzar máis lonxe ou con máis puntería, podería ter unha orixe moito máis distante do que mostra a historia escrita.

En concreto, o lanzamento de xavelina como deporte de competición regrado xa se realizaba na antiga Grecia, incluída dentro da proba de péntatlon, nos Xogos Olímpicos da Antigüidade.

O péntatlon era a competición por excelencia dos Xogos Olímpicos.Incorporouse no ano 708 a. C. e consistía nas cinco probas seguintes: miniatura|200px|O campión olímpico Erik Lemming, na proba de xavelina-estilo libre dos Xogos Olímpicos de 1908. Estadio (Στάδιον, Stádion), unha carreira de 180 metros a pé. Loita. Salto de lonxitude. Lanzamento de xavelina. Lanzamento de disco.

A técnica para lanzar a xavelina suponse que era diferente á actual, posto que se permitía utilizar tiras de coiro para utilizalas como propulsor, chamadas amentum en latín, e que, acabadas en dous orificios polos que se introducían dous dedos para enrolalas na xavelina, prolongaban a lonxitude do brazo do atleta e, ao mesmo tempo imprimían á xavelina un xiro que a estabilizaba no aire.

Regulamento

miniatura|dereita|Para lanzar a xavelina, débese agarrar polo cordame.

A xavelina constrúese de acordo cun detallado conxunto de especificacións publicadas pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF). A súa lonxitude total, para lanzadores masculinos, debe ser de polo menos 260 cm, e o seu peso de polo menos 800 g. Para mulleres é algo máis curta e lixeira: dun mínimo de 220 cm de longo e de 600 g de peso.Javelin throw (Lanzamnto de xavelina) na Enciclopedia Británica. consulata o 26 de agosto de 2018 .

A xavelina lánzase desde un corredor dunha lonxitude de 30 m, acabado nun arco de 38 m de radio. O sector de caída está marcado con dous liñas brancas de 45 cm de anchura, de tal modo que se os bordos internos das liñas se prolongasen deberían pasar polas catro interseccións dos bordos interiores do arco e as liñas paralelas que delimitan o corredor de impulso e que se cruzan no punto central do círculo do cal o arco forma parte. O sector terá así 59º aproximadamente.

Para realizar cada intento, o atleta dispón dun minuto. Normalmente, nas probas clasificatorias, cada atleta realiza tres intentos, e os oito atletas con mellor marca válida, ou todos se son oito ou menos, realizan na fase final outros tres intentos en orde inversa á súa mellor marca na clasificación.

A xavelina débese agarrar pola cordame (ou, polo menos, a man do atleta debe tocala), e lanzarse por riba do ombro ou do brazo de lanzar; non se permite lanzala en rotación nin pode o atleta dar as costas ao sector de caída antes de soltar a xavelina; os estilos non clásicos non están autorizados. Se a xavelina rompe no intento ou no aire non se contará como lanzamento nulo; tampouco sa a rotura fai perder o equilibrio ao atleta e provoca que toque fóra do arco; neste caso permitiráselle volver a comezar. Na caída, a punta metálica debe tocar o solo antes que calquera outra parte da xavelina.

O atleta debe termar da xavelina pola empuñadura situada no seu centro de gravidade e lanzala por riba do ombro e cerca da orella.

En Galicia

150px 150px Lidia Parada no Campionato de España de 2015.Gustavo Dacal en 2010.

Atletas galegos destacados nesta disciplina son: Abelardo Moure, coñecido como Ladro, nado na Pobra do Caramiñal en 1979, que foi lanzador de xavelina e, na actualidade, é adestrador de atletas, no pobrense campo da Alta, en Cabío. Entre as atletas que foron, ou son, adestradas por el, destacan campioas do talle de Ana Peleteiro (hoxe dedicada ao triplo salto) e Lidia Parada. A primeira erixiuse en campioa mundial júnior de triplo salto.14th IAAF World Junior Championships Triple Jump women. Results . A súa pupila a lanzadora Lidia Parada, pobrense coma o seu adestrador, nada o 11 de xuño de 1993, é a actual campioa de España nesta especialidade. Foi campioa galega de lanzamento de xavelina en varias ocasións,Lidia Parada se coronó campeona gallega absoluta de jabalina. La Voz de Galicia, 30-03-2011. e proclamouse tamén campioa de España de categorías de idade en seis veces distintas. Até o de agora, Parada non perdeu nin un só campionato estatal de lanzamento de xavelina.Lidia Parada y Jessica Rial brillaron en el nacional sub-23. La Voz de Galicia, 2 de xullo de 2013. Gustavo Dacal, que mantén a mellor marca galega con 78,88 m e dez veces campión de España.

Récords (Actualizado o 10 de xullo de 2018) Marca (m)AtletaPaísLugarData Mundial (WR)Homes 98,48 Jan Železný Jena 25-05-1996 Mulleres 72,28 Barbora Špotáková Stuttgart 13-09-2008 Olímpico (OR)Homes 90,57 Andreas Thorkildsen Pequín 23-08-2008Mulleres 71,53 Osleidys Menéndez Atenas 27-08-2004 Europeo (ER)Homes 98,48 Jan Železný Jena 25-05-1996 Mulleres 72,28 Barbora Špotáková Stuttgart 13-09-2008 Americano (AM)Homes 91,29 Breaux Greer Indianapolis 21-06-2007Mulleres 71,70 Osleidys Menéndez Helsinqui 14-08-2005 Africano (AF)Homes 92,72 Julius Yego Pequín 26-08-2015 Mulleres 69,35 Sunette Viljoen Nova York 09-06-2012 Asiático (AS)Homes 91,36 Cheng Chao-Tsun Taipei 26-08-2017Mulleres 67,69 Lü Huihui Halle 26-05-2018 Oceánico (OC)Homes 89,02 Jarrod Bannister Brisbane 29-02-2008Mulleres 68,92 Kathryn Mitchell Gold Coast 11-04-2018

Atletas con mellores marcas mundiais Homes (Actualizado o 10 de xullo de 2018).

Posto Resultado Atleta País Lugar Data 1 98 m 48 cm Jan Železný Jena 25-05-1996 2 94 m 44 cm Johannes Vetter Lucerna 11-07-2017 3 93 m 90 cm Thomas Rohler Doha 05-05-2017 4 93 m 09 cm Aki Parviainen Kuortane 26-06-1999 5 92 m 72 cm Julius Yego Pequín 26-08-2015 6 92 m 61 cm Serguéi Makárov Sheffield 30-06-2002 7 92 m 60 cm Raymond Hecht Oslo 21-06-1995 8 92 m 06 cm Andreas Hofmann Offenburg 02-06-2018 9 91 m 69 m Konstadinós Gatsioúdis Kuortane 24-06-2000 10 91 m 59 cm Andreas Thorkildsen Oslo 02-06-2006

Modelo antigo Posto Resultado Atleta País Lugar Data 1 104 m 80 cm Uwe Hohn Brandeburgo 20-06-1984

Ao final dos anos 1950 Miguel de la Quadra-Salcedo logrou unha marca de 112,30 m. Para iso utilizou o chamado "estilo español" ou "estilo Erausquin", técnica creada por Félix Erausquin. Pero a IAAF prohibiu a técnica por ser perigosa para os Xogos Olímpicos de Roma de 1960 e anulou todos os rexistros previos.

Mulleres (Actualizado o 10 de xullo de 2018).

Poto Marca Atleta País Lugar Data 1 72 m 28 cm Barbora Špotáková Stuttgart 13-09-2008 2 71 m 99 cm Maria Abakumova Daegu 02-09-2011 3 71 m 70 cm Osleidys Menéndez Helsinqui 14-08-2005 4 70 m 20 cm Christina Obergföll Múnic 23-06-2007 5 69 m 48 cm Trine Hattestad Oslo 28-07-2000 6 69 m 35 cm Sunette Viljoen Nova York 09-06-2012 7 68 m 92 cm Kathryn Mitchell Gold Coast 11-04-2018 8 68 m 43 cm Sara Kolak Lausana 06-07-2017 9 68 m 34 cm Steffi Nerius Elstal 31-08-2008 10 67 m 69 cm Katharina Molitor Pequín 30-08-2015 10 67 m 69 cm Lü Huihui Halle 26-05-2018

Medallas olímpicas Homes

Edición 20px Ouro 20px Prata 20px BronceLondres 1908 Eric Lemming <small>(54,83 m) Arne Halse Otto NilssonEstocolmo 1912 Eric Lemming <small>(60,64 m) Juho Saaristo Mór KóczánAntuerpen 1920 Jonni Myyrä <small>(65,78 m) Urho Peltonen Pekka JohanssonParís 1924 Jonni Myyrä <small>(62,96 m) Gunnar Lindström Eugene OberstÁmsterdam 1928 Erik Lundqvist <small>(66,60 m) Béla Szepes Olav SundeLos Ángeles 1932 Matti Järvinen <small>(72,71 m) Matti Sippala Eino PenttiläBerlín 1936 Gerhard Stock <small>(71,84 m) Yrjö Nikkanen Kalervo ToivonenLondres 1948 Tapio Rautavaara <small>(69,77 m) Steve Seymour József VárszegiHelsinqui 1952 Cyrus Young <small>(73,78 m) Bill Miller Toivo HyytiäinenMelbourne 1956 Egil Danielsen <small>(85,71 m) Janusz Sidło Viktor TsybulenkoRoma 1960 Viktor Tsybulenko <small>(84,64 m) Walter Krüger Gergely KulcsárToquio 1964 Pauli Nevala <small>(82,66 m) Gergely Kulcsár Jānis LūsisMéxico 1968 Jānis Lūsis <small>(90,10 m) Jorma Kinnunen Gergely KulcsárMúnic 1972 Klaus Wolfermann <small>(90,48 m) Jānis Lūsis Bill SchmidtMontreal 1976 Miklos Németh <small>(94,58 m) Hannu Siitonen Gheorghe MegeleaMoscova 1980 Dainis Kūla <small>(91,20 m) Aleksandr Makarov Wolfgang HanischLos Ángeles 1984 Arto Härkönen <small>(86,76 m) Dave Ottley Kenth EldebrinkSeúl 1988 Aplicouse a modificación —anterior á celebración destes Xogos Olímpicos— da xavelina, acercando á punta o centro de gravidade desta. Este cambio introduciuse para facer que a xavelina caera antes, xa que se comezaban a realizar marcas que excedían a lonxitude dos campos de caída, co conseguiente perigo. Renovouse o récord olímpico, sendo batido por Jan Železný na calificación cunha marca de 85,90 m, distancia que non superaría na final. Tapio Korjus <small>(84,28 m) Jan Železný Seppo RätyBarcelona 1992 Jan Železný <small>(89,66 m) Seppo Räty Steve BackleyAtlanta 1996 Jan Železný <small>(88,16 m) Steve Backley Seppo RätySidney 2000 Jan Železný <small>(90,17 m) Steve Backley Sergey MakarovAtenas 2004 Andreas Thorkildsen <small>(86,50 m) Vadims Vasiļevskis Sergey MakarovBeijing 2008 Andreas Thorkildsen <small>(90,57 m) Ainārs Kovals Tero PitkämäkiLondres 2012 Keshorn Walcott <small>(84,58 m) Antti Ruuskanen Vítězslav VeselýRío de Janeiro 2016 Thomas Röhler <small>(90,30 m) Julius Yego Keshorn Walcott

Mulleres Edición 20px Ouro 20px Prata 20px BronceLos Ángeles 1932 Mildred Didrikson <small>(43,69 m) Ellen Braumüller Tilly FleischerBerlín 1936 Tilly Fleischer <small>(45,18 m) Luise Krüger Maria KwasniewskaLondres 1948 Herma Bauma <small>(45,57 m) Kaisa Parviainen Lily CarlstedtHelsinqui 1952 Dana Zátopková <small>(50,47 m) Aleksandra Chudina Yelena GorchakovaMelbourne 1956 Inese Jaunzeme <small>(53,86 m) Marlene Ahrens N. KonyayevaRoma 1960 Elvira Ozolina <small>(55,98 m) Dana Zátopková Birutė KalėdienėToquio 1964 Mihaela Peneș <small>(60,54 m) Márta Rudas Yelena GorchakovaMéxico 1968 Angéla Németh <small>(60,36) Mihaela Peneș Eva JankoMúnic 1972 Ruth Fuchs <small>(60,36 m) Jacqueline Todten Kate SchmidtMontreal 1976 Ruth Fuchs <small>(65,94 m) Occidental Marion Becker Kate SchmidtMoscova 1980 María Caridad Colón <small>(68,40 m) Saida Gunba Ute HommolaÁngeles 1984 Tessa Sanderson <small>(69,56 m) Tiina Lillak Fatima WhitbreadSeúl 1988 Petra Felke <small>(74,68 m) Fatima Whitbread Beate KochBarcelona 1992 Silke Renk <small>(68,34 m) Natalya Shikolenko Karen ForkelAtlanta 1996 Heli Rantanen <small>(67,94 m) Louise McPaul Trine HattestadSidney 2000 Trine Hattestad <small>(68,91 m) Mirela Maniani Osleidys MenéndezAtenas 2004 Osleidys Menéndez <small>(71,53 m) Steffi Nerius Mirela ManianiBeijin 2008 Barbora Špotáková <small>(71,42 m) Mariya Abakumova Christina ObergföllLondres 2012 Barbora Špotáková <small>(69,55 m) Christina Obergföll Linda StahlRío de Janeiro 2016 Sara Kolak <small>(66,18 m) Sunette Viljoen B. Špotáková

Medallas nos Campionatos Mundiais de Atletismo Homes