Vanessa Valdiglesias García, nada na Coruña en 1980, é unha biológa galega. En 2015 foi recoñecida como Mellor Investigadora Xove de Europa pola Sociedade Europea de Xenómica e Mutaxénese Ambiental.

Traxectoria

Licenciouse en 2002 pola Universidade da Coruña.. Posteriormente realizou un máster en Biotecnoloxía na Universidade de Granada. En 2005 comezou o doutoramento no Departamento de Bioloxía Celular e Molecular da Universidade da Coruña que finalizou en 2010 con Premio Extraordinario. Traballa como investigadora da toxicoloxía xenómica para coñecer como afectan ao organismo humano determinadas substancias cotiás e na identificación de biomarcadores para a detección precoz de fraxilidade, un síndrome xeriátrico.

Forma parte do nodo galego da asociación AMIT. En 2016 formou parte da selección de científicas galegas da axenda feminista do Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Recoñecementos Ao longo da súa traxectoria recibiu varios premios como o Premio da Real Academia Galega de Ciencias ao Investigador Xove (2007), Premio Galega Destacada 2016 e, recentemente, o premio Emergent Scholar 2019 polo seu traballo na investigación do envellecemento.​En 2021 é elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.

Notas

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1980 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes