O Gran Premio de España de 1998 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 10 de maio de 1998 no Circuíto de Cataluña, Barcelona. Foi a quinta carreira da tempada de 1998 da Fórmula Un. A carreira de 65 voltas gañouna o piloto de McLaren Mika Häkkinen despois de comezar desde a pole position. O seu compañeiro de equipo David Coulthard rematou en segundo lugar e o piloto da Scuderia Ferrari, Michael Schumacher, foi terceiro.

Resumo da carreira

Mika Häkkinen clasificou na pole, 0,7 segundos por diante do seu compañeiro de equipo en McLaren, David Coulthard, no segundo lugar, co Michael Schumacher de Ferrari 0,8 segundos máis atrás en terceiro lugar. A carreira demostrou ser unha formalidade para Häkkinen, gañando a carreira por diante de Coulthard segundo, e Schumacher terceiro.

O piloto de Arrows Pedro Diniz comezou desde o pit lane debido a que calou o coche na volta de quecemento. Na saída, os McLarens saíron ben, pero Schumacher fixo un mal comezo e caeu ao quinto posto detrás do seu compañeiro de equipo Eddie Irvine e Giancarlo Fisichella no Benetton. Correron nestes postos ata a primeira rolda de paradas en boxes, cando Irvine atrasou a Fisichella o suficiente para que o seu compañeiro de equipo Schumacher emerxese por diante deles e volvera terceiro. Fisichella e Irvine continuaron a loitar ata a volta 28, cando Fisichella intentou unha manobra de paso polo exterior de Irvine, o que provocou unha colisión que os lanzou cara á trampa de grava. Isto deixou ao compañeiro en Benetton de Fisichella, Alexander Wurz, no cuarto posto que ocupou ata o final. Mika Häkkinen foi consistentemente máis rápido que o seu compañeiro de equipo David Coulthard durante a fin de semana da carreira, incapaz de igualar o seu ritmo, aínda que estivesen no mesmo coche. O respectado expiloto e experto Martin Brundle fixo o comentario que Häkkinen era "da súa clase".

Durante a carreira, Michael Schumacher e o Minardi de Esteban Tuero recibiron unha penalización dun stop and go de 10 segundos por exceso de velocidade no pit lane.

O Stewart de Rubens Barrichello acadou dous puntos ao terminar na quinta posición, que foron os primeiros da tempada para o equipo, isto foi posible grazas ao novo motor e chasis que usou o equipo (no entanto o seu compañeiro de equipo Jan Magnussen correu co antigo chasis). O campión do mundo reinante Jacques Villeneuve terminou no sexto lugar, despois de que o Williams tivera o seu peor resultado de clasificación desde o Gran Premio dos Estados Unidos de 1989.

Na última volta, o piloto de Williams Heinz-Harald Frentzen pasou a Jarno Trulli de Prost Grand Prix polo oitavo lugar cando a Trulli mostráronlle incorrectamente a bandeira azul cando os comisarios confundiron o Williams cun Ferrari.

<blockquote> "Estou realmente irritado porque tiven que renunciar a unha gran batalla e non é xusto perder unha posición porque están cegos e non poden distinguir un coche doutro. Por suposto, non importa moito rematar o oitavo ou noveno, pero para un piloto importa. No caso da bandeira azul non tiven outra alternativa ". Jarno Trulli </ blockquote>

Logo da carreira, Fisichella recibiu unha multa de 7.500 dólares estadounidenses pola colisión con Irvine.

Clasificación 250px|miniatura|right|Toranosuke Takagi no seu camiño para clasificarse 21º e último na grella, xa que o seu compañeiro de equipo Ricardo Rosset non conseguiu clasificarse para o Gran Premio, ao no conseguir o 107% do tempo da pole por 0,065 segundos.

Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Tempo diferenza 1 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:20.262 2 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:20.996 +0.734 3 3 Michael Schumacher Ferrari 1:21.785 +1.523 4 5 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:21.894 +1.632 5 6 Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:21.965 +1.703 6 4 Eddie Irvine Ferrari 1:22.350 +2.088 7 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:22.794 +2.532 8 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:22.835 +2.573 9 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:22.860 +2.598 10 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 1:22.885 +2.623 11 10 Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 1:22.927 +2.665 12 11 Olivier Panis Prost-Peugeot 1:22.963 +2.701 13 2 Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 1:23.197 +2.935 14 14 Jean Alesi Sauber-Petronas 1:23.327 +3.065 15 16 Pedro Diniz Arrows 1:23.704 +3.442 16 12 Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:23.748 +3.486 17 17 Mika Salo Arrows 1:23.887 +3.625 18 19 Jan Magnussen Stewart-Ford 1:24.112 +3.850 19 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 1:24.265 +4.003 20 22 Shinji Nakano Minardi-Ford 1:24.538 +4.276 21 21 Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 1:24.722 +4.460 107% tempo: 1:25.880 NSC 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 1:25.946 +5.684 Fonte:

Carreira Pos Nº Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 65 1:33:37.621 1 10 2 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 65 +9.439 2 6 3 3 Michael Schumacher Ferrari 65 +47.095 3 4 4 6 Alexander Wurz Benetton-Playlife 65 +1:02.538 5 3 5 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 64 +1 volta 9 2 6 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 64 +1 volta 10 1 7 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 64 +1 volta 7 8 2 Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 63 +2 voltas 13 9 12 Jarno Trulli Prost-Peugeot 63 +2 voltas 16 10 14 Jean Alesi Sauber-Petronas 63 +2 voltas 14 11 10 Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 63 +2 voltas 11 12 19 Jan Magnussen Stewart-Ford 63 +2 voltas 18 13 21 Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 63 +2 voltas 21 14 22 Shinji Nakano Minardi-Ford 63 +2 voltas 20 15 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 63 +2 voltas 19 16 11 Olivier Panis Prost-Peugeot 60 Motor 12 Ret 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 46 Motore 8 Ret 4 Eddie Irvine Ferrari 28 Colisión 6 Ret 5 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 28 Colisión 4 Ret 17 Mika Salo Arrows 21 Engine 17   Ret 16 Pedro Diniz Arrows 20 Motor 15 Fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Mika Häkkinen 36 2 David Coulthard 29 3 Michael Schumacher 24 4 Eddie Irvine 11 5 Alexander Wurz 9

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Mercedes 65 2 Ferrari 35 3 Williams-Mecachrome 14 4 Benetton-Playlife 10 5 Sauber-Petronas 4

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas Volta rápida: Mika Häkkinen 1m 24.275s Foi a primeira carreira da tempada de 1998 na que un piloto non logrou cualificar debido a que non completou un tempo dentro do 107% do tempo do pole position. O desafortunado piloto foi Ricardo Rosset, que non puido clasificarse por 7 milésimas de segundo. Esta foi tamén a marxe máis pequena pola que un piloto non conseguiu cualificar debido á regra. Damon Hill perdeu por só 0,003 segundos no Gran Premio de Francia de 1999 pero foi autorizado a competir debido a "circunstancias excepcionais".

Notas

Véxase tamén

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1998 Categoría:Gran Premio de España de Fórmula 1