Severino Lagares Gundín, nado en Vilasantar en 1899 e finado na Coruña o 4 de maio de 1951, foi un garda civil que foi designado como alcalde de Vilasantar durante a guerra civil española.

Traxectoria Fillo do industrial José Larares Fandiño, que foi xuíz municipal de Vilasantar, Severino ingresou na Garda Civil.

O 5 de agosto de 1925 Manuel Blanco Fernández dirixíase ao serradoiro no que traballaba, cando ao pasar pola Ponte do Sapo recibiu dous disparos. Aínda que el non sospeitaba de ninguén, segundo o informe da Garda Civil os rumores apuntaban a Severino Lagares, fillo do dono da fábrica, aínda que ningún veciño se prestou a declarar por medo a represalias. O fiscal pedía dous anos, oito meses e dous días de prisión para Lagares, pero o caso pechouse por falta de probas.El Orzán, 18 de novembro de 1926. Páx. 2La Voz de Galicia, 18 de novembro de 1926. Páx. 2''

En marzo de 1936 foi detido e posto a disposición xudicial por celebrar unha reunión clandestina na súa casa.La Voz de Galicia, 24 de marzo de 1936. Páx. 7

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o alcalde democraticamente elixido, Antonio Iglesias Corral, da Fronte Popular, foi apartado do cargo (e máis tarde fusilado) e Severino Lagares foi designado para ocupar o seu posto.La Voz de Galicia, 18 de agosto de 1936. Páx. 5 Finou na Coruña o 4 de maio de 1951.La Voz de Galicia, 5 de maio de 1951. Páx. 4 Vida persoal

Casou con María Mosquera Aller e foi pai de María de las Nieves, María Luisa, Julia e Jaime Lagares Mosquera.

Notas

Categoría:Gardas civís Categoría:Alcaldes de Vilasantar

Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición

Categoría:Nados en Vilasantar Categoría:Nados en 1899

Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes