A celidonia, ceruda ou herba da andoriña (Chelidonium majus), tamén coñecida como herba das espullas, herba leiteira, ciridonia ou ciridoña é unha planta herbácea perenne da familia das papoulas (Papaveraceae) de trinta a oitenta centímetros de altura, follas alternas de cor verde clara pola face e azulada polo revés, flores amarelas e froito en cápsula., que contén un zume cáustico usado en medicina Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC e DRAGÉ a única especie do xénero Chelidonium.
En Galicia usábase para sandar as espullas. Existen datos clínicos que suxiren que podería ser eficaz no tratamento da dermatite atópica.(en inglés) Journal of Ethnopharmacology Vol. 138, 2, 18 de noviembre de 2011, Pages 398–403 Journal of Ethnopharmacology. Consultado el 20 de septiembre de 2012.
Descrición É unha herbácea perenne con rizoma carnoso do que xorden varios talos aéreos de até 80 cm de altura, moi ramificados e fráxiles. As follas, moi divididas, de 30 cm de longo, son alternas, pinnatisectas, con tres a cinco lobos irregularmente crenados, pinnatífidos e obtusos, glaucos polo envés e con numerosos pelos.
As flores aparecen en inflorescencias umbeliformes terminais, desde maio até outubro. O cáliz está formado por dous sépalos averdados, caedizos na antese. A corola, de 1,5 a 2,5 cm de diámetro, ten catro pétalos amarelos, cada un dun centímetro aproximadamente, e estames numerosos. O xineceo é bicarpelar, con ovario súpero que frutifica nunha cápsula alongada de tres a cinco centímetros de lonxitude con dehiscencia valvar. Toda a planta produce un característico látex alaranxado ao que se lle atribúen propiedades curativas das espullas.
As cápsulas do froito lembran a unha sílicua (ao abrírense caen as dúas valvas, ficando a zona das placentas coas sementes). As sementes son pequenas e negras, con arilo e eleosoma; este atrae as formigas, que espallan as sementes (zocoria).
Hábitat e distribución Atópase en herbais, nitrófilos, en lugares sombrizos e frescos, especialmente en tapias, vertedoiros e muros vellos. miniatura|240x240px|Flor Planta orixinaria de Europa e da conca mediterránea. Tamén é común en Norteamérica, xa que foi introducida por colonos europeos, quen a usaban para curar as espullas xa en 1672. Toda a planta é tóxica, e contén varios alcaloides; pode causar dermatite, especialmente o zume.(en francés) Chelidoine sur medecinesnaturelles.com miniatura|240x240px|Detalle das follas
Principios activos
Ácido chelidónico (gamma pirona dicarbónico) é un composto heterocíclico osixenado. Alcaloides derivados da fenantridina (chelidonina, é a principal, cheleritrina e sanguinarina). Derivados isoquinoléicos (protopina). Alfa e beta allocriptopina Berberina e substancias relacionadas (coptisina, stilopina).
Propiedades Utilízase a planta enteira e o látex. Polo seu contido en alcaloides posúe propiedades antiespasmódicas, coleréticas e colagogas, hipolipemiante (ac. chelidónico), sedante do SNC, hipnótica, analxésica e antitusivo de acción central. Antiasmáticas, antivírico e antimitótica (sanguinarina e chelidonina).
Utilízase en uso interno en disquinesias de vías biliares, bronquites, asma, tose irritativa, etc.
O seu zume é cáustico e utilízase en uso externo para axudar a pechar feridas e contra espullas, calos e tumores.
A grandes doses, a inxestión da planta fresca e do látex, provoca somnolencia, parálise das terminacións nerviosas sensitivas e bradicardia. Recoméndase administrala mesturada con outras plantas, nunca soa pola súa toxicidade e non administrala en doses elevadas durante moito tempo (citotóxico a grandes dose debido á coptisina).
Taxonomía Chelidonium majus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 505–506. 1753.
Etimoloxía
Chelidonium: nome xenérico que deriva do grego chelidon = (andoriña), de acordo con Maurice Mességué porque as andoriñas frengan con algunhas partes os ollos que non se abriron aínda nas máis pequenas. O látex cáustico abre as tonas da pel permitindo ver ás andoriñas. En galego é coñecida tamén co nome común de herba andoriña ou herba da andoriñaE. Losada, J. Castro e E. Niño: Nomenclatura vernácula da flora vascular galega (1992)., que antigamente se cría boa para as enfermidades dos ollos. Este uso medicinal, que tamén se chegou a aplicar ás propias andoriñas "Comidas as andoriñas aguzan moito a vista, para o cal tamén serve a cinza das andoriñas" (Dioscórides)., vén da antiga crenza de que os polos de andoriña nacían cegos pero a nai curábaos ao lles refregaren os ollos cun anaco desta herba Xosé Ramón Mariño Ferro recolle así as teorías expostas por Aristóteles: "Polo que atinxe aos polos da andoriña, se, cando son aínda novos, lles pica un os ollos, os referidos polos despois sandan e ven" e Plinio o Vello: "A andoriña amosóuno-lo poder curativo para a vista da celidonia ao tratar con esta planta a inflamación dos ollos dos seus pequenos"..
majus: epíteto latino que significa "o máis grande".en Epítetos Botánicos
Sinonimia
Chelidonium haematodes Moench Chelidonium laciniatum Mill. Chelidonium laciniatum var. fumariifolium DC. Chelidonium luteum Gilib. Chelidonium murale P.Renault Chelidonium olidum Tarscher. ex Ott Chelidonium quercifolium Willemet Chelidonium ruderale Salisb. Chelidonium umbelliferum Stokes
subsp. grandiflorum (DC.) Printz
Chelidonium cavaleriei H.Lév. Chelidonium dahuricum DC. Chelidonium grandiflorum DC.Chelidonium majus en PlantList
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas GRIN 10169 (enlace roto dispoñible en Internet Arquive; véxase o historial e a última versión). Tea Botánica 16703
Categoría:Papaveroideae Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné