miniatura|320px|Logo da AEA A Asociación Europea de Atletismo (AEA), en inglés, European Athletic Association (EAA), é a institución que organiza e rexe o atletismo en Europa.

Funcións A AEA representa ás federacións nacionais europeas de atletismo a nivel competitivo perante a Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF).

Así mesmo, é a responsábel de organizar periodicamente as competicións atléticas continentais.

Sede e presidencia Ten a súa sede na cidade de Lausana (Suíza). O seu presidente na actualidade é o noruegués Svein Arne Hansen.

Federaciós nacionais asociadas A AEA conta coa afiliación de 50 federacións nacionais do continente europeo.

Historia

Foi fundada o 24 de setembro de 1933 en Berlín, baixo o nome de Comité Europeo de Atletismo. O 1 de novembro de 1969, nun congreso celebrado en Bucarest (Romanía), acordouse facer unha reestruturación da organización, cambiando a súa denominación pola actual. Posteriormente, en 2003, foi reconstituída de novo.

En 1934 realizouse o primeiro Campionato de Europa de Atletismo na cidade de Turín (Italia). O primeiro Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta levouse a cabo en 1970 en Viena (Austria), e o primeiro Campionato de Europa de Campo a Través en 1994 na localidade inglesa de Alnwick.

Eventos

A AEA organiza anualmente numerosas competicións internacionais, das que as máis importantes son as seguintes:

Campionato de Europa de Atletismo Campionato de Europa de Atletismo Sub-23 Campionato de Europa de Atletismo Sub-20 Campionato de Europa de Atletismo Sub-18 Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta Campionato de Europ de Campo a Través Copa de Europa de Clubs

Organización

A estrutura xerárquica da Asociación está formada polo Presidente e os Vicepresidentes, o Congreso (que se reúne cada dous anos), o Comité Executivo, o Consello e os Comités Técnicos.

Presidentes Desde a súa constitución como AEA en 1969: NºMandatoNomePaís 1 1969 – 1976 Adriaan Paulen 2 1976 – 1987 Arthur Gold 3 1987 – 1999 Carl-Olaf Homen 4 1999 – 2015 Hansjörg Wirz 5 2015 - actualidade Svein Arne Hansen

Federacións nacionais As federacións afiliadas á Asociación Europea de Atletismo son: PaísFederaciónPáxina webFederata Shqiptarë e AtletikesFederació Andorrana d'AtletismeArmenian Athletic FederationÖsterreichischer Leichtathletik-VerbandAzerbaijan Athletics FederationLigue royale belge d'athlétisme Belarus Athletic Federation Athletic Federation of Bosnia & HerzegovinaBulgarian Athletic FederationThe Amateur Athletic Association of CyprusHrvatski Atletski SavezDansk Atletik ForbundEstonian Athletic AssociationSuomen UrheiluliittoFédération française d'athlétisme Athletic Federation of GeorgiaDeutscher Leichtathletik-VerbandGibraltar Amateur Athletic AssociationAssociation hellénique d'athlétisme amateur (SEGAS)Athletics Ireland Frjálsíþróttasamband Íslands (FRI)Israeli Athletic AssociationFederazione Italiana di Atletica LeggeraLatvian Athletics AssociationLiechtensteiner Turn-und Leichtathletik-VerbandAthletic Federation of LithuaniaFédération luxembourgeoise d'athlétismeAtletska Federacija na MakedonijaMalta Amateur Athletic AssociationFederatia de Atletism din Republica MoldovaFédération monégasque d'athlétismeAthletic Federation of MontenegroNorges Fri-IdrettsforbundRoyal Dutch Athletics FederationPolski Zwiazek Lekkiej AtletykiFederação Portuguesa de AtletismoUK AthleticsČeský atletický svazFederatia Romana de AtletismRussia Athletic Federation Federazione Sammarinese Atletica LeggeraAthletic Federation of SerbiaSlovak Athletic FederationAtletska Zveza SlovenijeReal Federación Española de AtletismoSvenska FriidrottsförbundetSchweizerischer Leichtathletik-VerbandTurkiye Atletizm FederasyonuUkrainian Athletic FederationMagyar Atletikai Szovetseg

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Asociación Internacional de Federacións de Atletismo

Ligazóns externas Páxina oficial .

Categoría:Atletismo en Europa Categoría:Federacións deportivas de Europa