O 21 de outubro é o 294º día do ano do calendario gregoriano (295º nos anos bisestos). Quedan 71 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1032: en Roma, o xove Teofilatto (1008-1055) compra o papado e é nomeado Bieito IX. 1097: Comeza o asedio de Antioquia polo exército da primeira cruzada. Durará até o 2 de xuño do ano seguinte. 1805: Derrota da armada franco-española, dirixida polo almirante francés Pierre de Villeneuve, en Trafalgar, ante unha frota británica ao mando de Horatio Nelson. 1879: Thomas Alva Edison proba a primeira lámpada eléctrica que funciona eficazmente (dura acesa 13 horas e media ante de queimarse). 1936: Fusilados en Lugo os republicanos Rafael de Vega Barrera, Ramón García Núñez, Ángel Pérez López, José Ramos López e Perfecto Abelairas Castro. 1936: Fusilados en Tui os republicanos de Salceda de Caselas Gumersindo Rodríguez Casales e Venancio Pérez Lemos. 1945: En Francia, as mulleres exercen o dereito ao voto por vez primeira. 1959: Ábrese ao público en Nova York o Museo Guggenheim, nun edificio proxectado por Frank Lloyd Wright.

1969: Willy Brandt convértese no primeiro chanceler socialista da República Federal Alemá. 2001: Celebrase eleccións ao Parlamento galego (VI Lexislatura), nas que o Partido Popular de Galicia obtén a maioría absoluta. 2022 - Entra en vixencia a Lei de Memoria Democrática que substitúe á lei homónima aprobada en 2007.

Nacementos miniatura|100px|Alfred Nobel 1675 - Emperador Higashiyama, 113° emperador do Xapón. 1728 - Conde de Floridablanca, político español. 1772 - Samuel Taylor Coleridge, poeta, crítico e filósofo inglés. 1790 - Alphonse de Lamartine, escritor, poeta e político francés. 1833 - Alfred Nobel en Estocolmo, químico e enxeñeiro sueco que institúe o Premio Nobel (m. 1896). 1838 - Francisco Romero Blanco, médico galego (m. 1918). 1841 - Segundo Moreno Barcia, avogado, profesor e político galego (m. 1909). 1917 - Dizzy Gillespie, músico (m. 1993). 1925 - Celia Cruz, cantante cubana (m. 2003). 1930 - Xosé Lodeiro, pintor galego (m. 1996). 1953 - Pedro Ignacio Wolcan Olano, bispo uruguaio. 1959 - Medos Romero, escritora galega. 1971 - Nick Oliveri, músico estadounidense. 1988 - Alexandra Fernández Gómez, política galega.

Mortes miniatura|100px|Andrés Muruais miniatura|100px|Jack Kerouac 1422 - Carlos VI de Valois, rei de Francia (n. 1368). 1805 - Horatio Nelson, almirante británico, morto na batalla de Trafalgar (n. 1758). 1882 - Andrés Muruais, escritor e xornalista galego (n. 1851). 1886 - José Hernández, poeta, político e xornalista arxentino. 1931 - Arthur Schnitzler, médico e escritor austríaco. 1936 - Rafael de Vega Barrera, médico e político español (n. 1889). 1936 - Ramón García Núñez, gobernador civil de Lugo (n. 1906). 1936 - José Araújo Pérez, empresario e político galego (n. 1903).

1940 - Casimiro Gómez Cobas, empresario e filántropo galego (n. 1854).

1961 - Karl Korsch, filósofo marxista alemán. 1969 - Jack Kerouac, novelista e poeta estadounidense. 1978 - Anastas Mikoyan, bolxevique armenio e estadista soviético. 1980 - Hans Asperger, pediatra e psiquiatra austríaco (n. 1906). 1984 - François Truffaut, director de cine francés (n. 1932). 1997 - Aale Tynni, poeta e tradutora finlandesa (n. 1913). 2011 - Sultan bin Abdul Aziz, príncipe de Arabia Saudita (n. 1928).

Festas e celebracións Día de Trafalgar no Reino Unido. Día das Rexións de Ultramar na República Popular da China.

Outros Santoral: Santo Agatón de Exipto, eremita; San Bertoldo de Parma; Santa Celina, nai de San Remixio; Santa Celina de Meaux, virxe; Santa Córdula, mártir en Colonia; San Gaio e compañeiros, mártires en Nicomedia; San Gaspar, sacerdote; Santo Hlarión de Gaza, eremita; Santo Hilarión de Moglena, bispo; Santa Leticia; San Malco, monxe; Santa Odilia, mártir; Santa Úrsula e compaña, mártires; Santa Zaira.

Os 366 días do ano

Categoría:Outubro