O 24 de outubro é o 297º día do ano do calendario gregoriano (298º nos anos bisestos). Quedan 68 días para finalizar o ano.

Acontecementos miniatura|200px|ONU 1147 - Lisboa é tomada aos mouros. 1648 - O Tratado de Westfalia (asinado en Münster) pon fin á guerra dos Trinta Anos. 1848 - Fundación da cidade de Manaus, no Brasil. 1851 - William Lassell descobre as lúas do planeta Urano, Ariel e Umbriel. 1857 - No Reino Unido fúndase o Sheffield F. C., o club de fútbol máis antigo do mundo. 1906 - Santiago Ramón y Cajal recibe o Premio Nobel de Medicina. 1929 - Xoves negro da Bolsa dos Estados Unidos (NYSE). 1945 - Creación da ONU (Organización das Nacións Unidas). 1964 - Independencia de Rodesia do Norte (actual Zambia). 2009 - Comeza en Santiago de Compostela a XI Asemblea Nacional de Galiza Nova, durará dous días.

Nacementos miniatura|Barreiros. 51 - Domiciano, emperador romano (m. 96). 1632 - Antoni van Leeuwenhoek, microbiólogo neerlandés (m. 1723). 1868 - Alexandra David-Néel, exploradora e escritora francesa (m. 1969). 1897 - Francisco Vázquez Saco, eclesiástico e escritor (m. 1962). 1919 - Eduardo Barreiros, enxeñeiro e empresario galego (m. 1992). 1921 - Faustino Rey Romero, sacerdote e escritor galego (m. 1971). 1926 - Rafael Azcona, guionista español. 1927 - Gilbert Bécaud, cantante francés. 1928 - Jürgen Untermann, indoeuropeísta, filólogo e epigrafista alemán. 1939 - Ismael González Díaz, cineasta e escritor galego (m. 2015). 1953 - Juan Miguel Diz Guedes, político galego. 1954 - Fernando Vázquez, adestrador de fútbol galego, técnico da Selección galega.

Mortes miniatura|100px|Chavannes 1537 - Xoana Seymour, terceira esposa de Henrique VIII de Inglaterra. 1601 - Tycho Brahe, astrónomo dinamarqués. 1842 - Bernardo O'Higgins, líder da independencia de Chile (n.1778). 1898 - Pierre Puvis de Chavannes, pintor francés (n. 1824). 1975 - Cipriano Mera, dirixente anarcosindicalista español (n. 1897). 1977 - José María de Cossío, escritor e polígrafo español. 1978 - Francisco Luís Bernárdez, escritor e diplomático arxentino (n. 1900). 1991 - Gene Roddenberry, director e produtor estadounidense, a quen se debe Star Trek. 1994 - Raúl Juliá, actor portorriqueño. 2001 - Eugenio Granell, pintor e escritor galego (n. 1912). 2015 - Maureen O'Hara, actriz estadounidense (n. 1920). 2018 - Carmen Alborch, política valenciana (n. 1946).

Festas e celebracións Día das Nacións Unidas Día das Bibliotecas Día Mundial da Información sobre o Desenvolvemento Día Mundial da Polio Día Internacional contra o Cambio climático .

A partir deste día, desde 1978, celébrase a Semana do Desarme.

Outros Santoral: Santo Antonio María Claret, bispo. San Florentino. Santa Valentina.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Outubro