O 23 de outubro é o 296º día do ano do calendario gregoriano (297ºnos anos bisestos). Quedan 69 días para finalizar o ano.
Acontecementos miniatura|200px|Hungría -42: Batalla de Filipos, onde Bruto e Casio, asasinos de Xulio César se enfrontan a Marco Antonio e Octaviano. 425: Con apenas seis anos, Valentiniano III ascende ao trono romano do Occidente. 1086: Batalla de Zalaca: o exército almorábide de Yūsuf Ibn Tāshfīn derrota as tropas do rei Afonso VI de León. 1091: a cidade de Londres (Inglaterra) é azoutada por un tornado F4, que demole o ponte de Londres, varias igrexas e 600 casas (Tornado de Londres de 1091). É o primeiro tornado rexistrado na Historia de Europa, e o máis violento.«British & European Tornado Extremes» , 1641: Comeza a Rebelión irlandesa de 1641. 1685: Lois XIV de Francia revoga o Edicto de Nantes co Edicto de Fontainebleau. 1702: ten lugar na ría de Vigo a batalla de Rande. 1868: Xapón: un decreto inaugura a era Meiji, novo réxime imperial. 1923: Fundación do Seminario de Estudos Galegos, en Santiago de Compostela. 1940: Prodúcese en Hendaia un encontro entre Francisco Franco e Adolf Hitler. 1956: Revolución húngara: insurrección en Hungría contra o goberno comunista. 1977: Chega a Cataluña o seu presidente Josep Tarradellas, até entón no exilio. 1989: O presidente Mátyás Szűrös declara a República de Hungría en substitución ó réxime socialista. 2001: En Irlanda do Norte, o IRA comeza a desarmarse, logo de conversas de paz auspiciadas polo presidente estadounidense Bill Clinton. 2004: Brasil lanza con éxito o seu primeiro foguete espacial.
Nacementos miniatura|100px|Paul Celan 1771 - Jean-Andoche Junot, xeneral francés (m. 1813). 1817 - Pierre Athanase Larousse, lexicógrafo francés (m. 1875). 1844 - Sarah Bernhardt, actriz de teatro francesa. 1890 - Ernestina Otero, mestra e pedagoga galega (m. 1956). 1893 - Gummo Marx, actor estadounidense (m. 1977). 1898 - Gervasio Paz Lestón, escritor e xornalista galego (m. 1977). 1903 - José Barral Souto, economista, estatístico e actuario galego nacionalizado arxentino (m. 1976) 1905 - Felix Bloch, químico suízo, Premio Nobel (m. 1983). 1908 - Ilya Frank, físico ruso, Premio Nobel de Física (m. 1990). 1915 - Xaime Illa Couto, intelectual e economista galego (m. 2012). 1920 - Paul Celan, poeta alemán. 1940 - Edson Arantes do Nascimento, máis coñecido como Pelé, xogador de fútbol brasileiro. 1940 - Fuad Tual, bispo católico latino palestino, patriarca de Xerusalén. 1942 - Michael Crichton, escritor norteamericano. 1942 - Anita Roddick, empresaria inglesa de cosmética e escritora (m. 2007). 1951 - Charly García, cantante arxentino. 1952 - Alfonso Álvarez Cáccamo, escritor galego. 1961 - Andoni Zubizarreta, xogador de fútbol español 1974 - Jasmin St. Claire, actriz porno estadounidense
Mortes miniatura|100px|Théophil Gautier 1590 - Bernardino de Sahagún, frade franciscano e etnólogo. 1688 - Charles du Fresne, coñecido como sieur du Cange, filólogo e historiador francés (n. 1610). 1869 - Edward Smith-Stanley, primeiro ministro británico (n.1799). 1872 - Théophile Gautier, poeta francés (n. 1811). 1944 - Charles Glover Barkla, físico británico, Premio Nobel (n.1877). 1950 - Al Jolson, actor e cantante americano (n. 1886). 1977 - Gervasio Paz Lestón, escritor e xornalista galego (m. 1898). 1986 - Edward Adelbert Doisy, bioquímico estadounidense, Premio Nobel (n.1893). 2008 - Constantino García, lingüista e escritor galego (n. 1927). 2011 - Marco Simoncelli, piloto de motociclismo italiano (n. 1987). 2013 - Anthony Caro, escultor británico (n. 1924)
Festas e celebracións Día Internacional do Leopardo das neves. "Só quedan 4.000 exemplares en liberdade", en La Voz de Galicia 22.10.2025.
Outros Santoral: San Graciano de Toulon, bispo e mártir; San Servando; San Severino de Colonia, bispo; San Xermán. A Igrexa ortodoxa conmemora a Santiago o Xusto, irmán do Señor.
Os 366 días do ano Notas
Categoría:Outubro