O caracará carunculado (Phalcoboenus carunculatus) é unha especie de paxaro de rapina da familia Falconidae. Habita nos páramo dos Andes de Ecuador e Colombia. Distribúese polo sur de Colombia, dende o volcán de Puracé e en boa parte da rexión andina de Ecuador. Non se coñecen subespecies.Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology

Características A lonxitude é de 51 a 56 cm. O aspecto dos adultos é semellante ó do caracará andino (Phalcoboenus megalopterus). Diferénciase en que o carunculado ten o peito e ventre brancos con conchas ben definidas cor gris escura ou negras. A plumaxe dos exemplares novos desta especie é de cor castaña, o peteiro é escuro e as patas son cor óso.

Notas

Categoría:Aves de Colombia Categoría:Aves de Ecuador Categoría:Animais descritos en 1853