O Himantopus mexicanus é unha especie de ave caradriforme da familia Recurvirostridae orixinaria de América.

Distribución Habita dende o sur dos Estados Unidos, o norte da península de Baixa California, o golfo de México, América Central e o Caribe, até o noroeste do Brasil, o suroeste do Perú, o leste de Ecuador e as Illas Galápagos.

Características É unha característica ave limícola, coas patas moi longas, unha postura erguida e o peteiro ben proporcionado. En voo, deixa ver as súas ás longas e afiadas, que son negras por ámbolos dous lados.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Hayman, Peter; Marchant, John & Prater, Tony (1986): Shorebirds: an identification guide to the waders of the world. Houghton Mifflin, Boston. Stiles, F. Gary & Skutch, Alexander Frank (1989): A guide to the birds of Costa Rica. Comistock, Ithaca.

Categoría:Caradriformes Categoría:Aves de América Categoría:Animais descritos en 1776