Burton Leon Reynolds Jr., nado o 11 de febreiro de 1936 en Lansing, Míchigan, e finado o 6 de setembro de 2018, foi un actor, director e produtor estadounidenese. Os seus primeiros papeis notables foron en series de televisión como Gunsmoke (1962–1965) e Dan August (1970–1971). Acadou unha maior fama tralo seu papel de Lewis Medlock en Deliverance (1972). Reynolds foi o protagonista de varios filmes de éxito de recadación, como The Longest Yard (1974), Smokey and the Bandit (1977), Semi-Tough (1977), Hooper (1978), Smokey and the Bandit II (1980), The Cannonball Run (1981) e The Best Little Whorehouse in Texas (1982).

Tras outros filmes que non obtiveron bos resultados de recadación, Reynolds volveu a actuar na televisión, protagonizando a sitcom Evening Shade (1990–1994). Foi nomeado ó Oscar ó mellor actor secundario pola súa actuación en Boogie Nights (1997).

Notas

Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Lansing, Míchigan Categoría:Finados en 2018 Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América