Thomas Osman, nado o 25 de maio de 1950 en Lemuna (hoxe na rexión de Gash-Barka, Eritrea), é un relixioso católico eritreo, bispo de Barentu dende 2001. Traxectoria Entrou nos capuchinos o 13 de xullo de 1969, facendo os votos perpetuos o 19 de xullo de 1976. Foi ordenado sacerdote da Orde dos Freires Menores Capuchinos o 10 de xullo de 1977 en Asmara, e exerceu o seu ministerio durante 10 anos na misión de Gurage, na arquieparquía de Adís Abeba; á súa volta a Eritrea traballou cos kunama.
O 4 de outubro de 2001 foi nomeado bispo de Barentu. Recibiu a consagración episcopal de mans do bispo emérito de Asmara Zekarias Yohannes o 13 de xaneiro de 2002. Notas
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Eritrea Categoría:Bispos católicos de Eritrea Categoría:Bispos da Igrexa católica etíope Categoría:Bispos da Igrexa católica eritrea Categoría:Relixiosos católicos de Eritrea Categoría:Capuchinos Categoría:Personalidades sen imaxes