miniatura|Mapa simplificado que amosa a reclamación de Exipto (amarelo e verde), a do Sudán (azul e verde) e Bir Tawil (branco)

Bir Tawil ou Bi'r Tawīl (, árabe exipcio بير طويل, Bīr Ṭawīl ou , que significa "pozo alto]]") é unha superficie de 2060 km² ao longo da fronteira entre Exipto e o Sudán, que está deshabitada e non é reclamada por ningún dos dous países. Cando se fala en asociación co veciño Triángulo de Hala'ib, ás veces denomínaselle Triángulo Bir Tawil, a pesar da forma de cuadrilátero da superficie, os dous "triángulos" bordean nun cuadripunto.

O seu estado de terra nullius resulta dunha discrepancia entre a fronteira política recta entre Exipto e o Sudán establecida en 1899, e a fronteira administrativa irregular establecida en 1902. Exipto afirma a fronteira política, e o Sudán afirma a fronteira administrativa, co resultado de que o triángulo é reclamado por ambos e por ningún. En 2014, a autora Alastair Bonnett describiu a Bir Tawil como o único lugar habitable da Terra, que non foi reclamado por ningún goberno recoñecido.

Historia

Bir Tawil é un exemplo dun territorio considerado terra nullius.<ref>There is some disagreement of whether Bir Tawil is 'terra nullius or not. See f.e Chris Borgen, The Man Who Would Be King, Daddy’s Little Princess, and their Territorial Claim</ref> Situado entre Exipto e o Sudán, é un territorio de 2.060 km² resultado dunha discrepancia entre as fronteiras deseñadas entre 1899 e 1902. Unha fronteira colocou Bir Tawil baixo control do Sudán e o Triángulo de Hala'ib baixo control exipcio, mentres que a outra fronteira fíxoo ao revés. Os dous países reclaman a fronteira que lles outorgaba o Hala'ib, notabelmente máis grande e lindante co Mar Vermello, co efecto de que Bir Tawil é un territorio non reclamado por ningunha das dúas nacións. A zona, que carece de poboación autóctona, está baixo o control de facto'' de Exipto, aínda que non se amosa nos mapas oficiais deste país.Central Intelligence Agency. CIA World Factbook 2009 MobileReference, 2009. Bir Tawil non ten unha poboación estabelecida, mais é utilizada polos pobos beduínos que percorren a zona.

Reino do Sudán do Norte

En xuño de 2014, o estadounidense Jeremiah Heaton reclamou que Bir Tawil se considerase como un novo Estado soberano, o Reino do Sudán do Norte. Realizou unha expedición co fin de facer dita reclamación de soberanía oficial acorde co dereito internacional. O 16 de xuño de 2014, Heaton chantou a bandeira nacional do reino nese territorio para reclamar a rexión como novo estado soberano, o Reino do Sudán do Norte. Estabeleceu unha monarquía con el como xefe de Estado e mesmo anunciou a creación de "embaixadas" polo mundo, aínda que ningún Goberno recoñeceu este estado.

Xeografía Bir Tawil ten unha superficie de 2060 km². A lonxitude das súas fronteiras norte e sur son 95 km e 46 km respectivamente; a lonxitude das súas fronteiras leste e oeste son 26 km e 49 km respectivamente.

No norte da zona atópase a montaña Jabal Tawil (}), situada en , cunha altura de 459 m. No leste está Jebel Hagar ez Zarqa, cunha altura de 662 m.

No sur está o Wadi Tawil (), tamén chamado "Khawr Abū Bard", situado en .

Hai tamén algúns arroios en Bir Tawil, que se orixinan no Lago Nasser.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Terra nullius Ligazóns externas Google Sightseeing - Bir Tawil Triangle International Boundary Study

Categoría:Países