O Boulazac Basket Dordogne (BBD) é un club de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Boulazac (Dordoña, Nova Aquitania). O equipo compite actualmente na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo. Fundado en 1992, o seu pavillón como local é o Le Palio, con capacidade para 5.200 espectadores.

Historia As orixes do club están en Périgueux, onde levaba o nome de US périgourdine. A construción en 1992 dun pavillón con capacidade para 2.000 espectadores, levou aos dirixentes da USO a mudarse a Boulazac, suburbio da propia Périgueux. No ano 2003 o club consegue gañar a NM2 (4ª división) e en 2005 a NM1 (3ª diviaión), conseguindo o ascenso ao baloncesto profesional. Após sete temporadas na Pro B, o club consegue o seu maior éxito ao ascender á Pro A, máxima categoría do baloncesto galo, tras obter a segunda posición despois do Limoges CSP. O seu primeiro ano na máxima categoría non resultou ben, xa que o equipo acaba en décimo quinto lugar descendendo de novo á Pro B. Despois de catro temporadas na segunda división, o equipo consegue regresar á elite no ano 2017. Nesa temporada o equipo acaba en cuarto lugar na liga regular, mais nos play-offs consegue o ascenso despois de eliminar ao Le Havre, ao Évreux e ao Nantes. Na temporada 2017−18, o equipo finaliza en postos de descenso, con todo, debido ao non ascenso do ADA Blois debido a motivo administrativos, o equipo conservou a categoría.

Ano a ano AnoNivelLigaCopa Outras competicións 2008–09 2 Pro B 14º 2009–10 2 Pro B 11º Rolda de 64 2010–11 2 Pro B 12º Rolda de 64 2011–12 2 Pro B 2º Cuartos de final 2012–13 1 Pro A 15º Rolda de 32 2013–14 2 Pro B 12º Rolda de 16 2014–15 2 Pro B 3º Rolda de 32 2015–16 2 Pro B 4º Rolda de 32 Pro B Leaders Cup 2016–17 2 Pro B 2º Rolda de 64 2017–18 1 Pro A 17ºSubcampión

Palmarés Liga de Francia Campións (3): 1970, 1991, 1995 Segunda División de Francia Campións (1): 2013

Xogadores Destacados

Thomas Andrieux Mehdi Cheriet David Ramseier Aaron Cel Ovie Soko Alex Acker Quinton Ross Darryl Monroe

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Antibes Sharks (en francés)

Categoría:Equipos de baloncesto de Francia