The Breadwinner é un filme de animación de 2017 de Cartoon Saloon dirixido por Nora Twomey. Entre os produtores executivos do proxecto están Mimi Polk Gitlin e Angelina Jolie. Baseado na novela homónima de Deborah Ellis, o filme foi unha coprodución entre o Canadá, Irlanda e Luxemburgo e tivo unha estrea limitada o 17 de novembro de 2017.
O filme estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Toronto de 2017 no mes de setembro. The Breadwinner recibiu un nomeamento ó Oscar ó mellor filme de animación na 90ª edición dos premios.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes de Luxemburgo Categoría:Filmes ambientados en Afganistán Categoría:Filmes ambientados en 2001