Alfonso Penela Fernández, nado en Vigo en 1955, é un arquitecto galego.

Traxectoria Obtivo o título de Arquitecto na ETSA de Barcelona no ano 1980. Na actualidade é profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

A obra de Alfonso Penela aparece inscrita nunha liña de constante busca dunha linguaxe arquitectónica galega que afunda as súas raíces no coñecemento da tradición construtiva e na análise das achegas das xeracións precedentes dende a independencia, unha constante na súa obra.

Os seus proxectos responden basicamente a unha vocación experimental baseada en formulacións que unen o Movemento Moderno con elementos de orde plural que deixan adiviñar a preferencia polas novidades formais, así como polo equilibrio e pola orde compositiva, como na vivenda unifamiliar en Aldán (Cangas de Morrazo). A constante atención que demostra respecto ás cuestións técnicas e estruturais vese incrementada polas súas inquedanzas respecto ás compoñentes funcionais que o levan a traballar cun amplo abano de propostas e variantes, tanto nos proxectos para vivendas, coma nas súas intervencións en espazos públicos ou centros docentes, coma a Facultade de Ciencias Empresaiais e Económicas da cidade de Vigo.

Este arquitecto concibe os edificios como un conxunto de volumes articulados no que as calidades dos materiais e a manipulación de luces e sombras cobran unhas importancia decisiva. Os espazos, de volumetría fraccionada establecen un interesante diálogo con contorno, coma no caso do Pavillón Polideportivo de Manzaneda, mediante o emprego de sutís contrastes e revisións permanentes dos usos da linguaxe. A súa obra non pode encadrarse nunha soa liña senón que pendula entre diferentes estilos dun xeito arbitrario producindo unha falta de linguaxe formal que articule a súa produción. Poden destacarse como referentes arquitectónicos tanto a Zaha Hadid, Herzog e de Meuron ou Miralles e pola vía lusa Álvaro Siza , Paulo Mendes da Rocha ou Souto de Moura.

miniatura|Facultade de Ciencias Económicas. Campus das Lagoas-Marcosende.

Obras destacadas Facultade de Económicas no Campus Universitario das Lagoas - Marcosende. Vigo 1988-1991. Centro de Saúde en Cambados. Pontevedra (1989-1991).Obradoiro, COAG, 1993, Santiago de Compostela, nº22, pp. 11 e 112-123. ISSN 0211-6065. Escola infantil en Conxo. Santiago de Compostela, 1989-2002.

Rehabilitación da Casa de Arines para Sede de Instituto Camões. Vigo, 1993-1998. Vivenda unifamiliar. Boborás, Ourense, 1994. Vivenda unifamiliar M.J.Priegue. Nigrán, Pontevedra, 1996. Centro de Saúde en CoiaDocumentos de arquitectura nº 42. (1999). Delegación de Almería del Colegio Oficial de Arquitectos de Andalucía Oriental. ISSN 0214-9249. Vigo, 1996-1999. Pavillón polideportivo na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda, Ourense (1998-2000)Descrición e imaxes do Pavillón polideportivo, www.turgalicia.es.. Aloxamento para estudantes no Campus das Lagoas-Marcosende, Vigo. 2000-2002. Reitoría, Campus Universitario das Lagoas - Marcosende, Vigo. 2001. Centro de Interpretación do xacemento romano de Caldoval, Meá - Mugardos (A Coruña). 2015 Rehabilitación do Hospital Xeral para a Cidade da Xustiza de Vigo, 2017 - 2020.

Premios e distincións 1984, Concurso do COAG en Vigo. 1992, Concurso Nacional Expopiedra. 2001, Premio GranDeArea de Achega á Arquitectura. 2001, Concurso VI Premios Irmáns Gómez Román de Arquitectura e Urbanismo. 2006, Premio Enor. 2009, Premio Juana de Veiga de Arquitectura. 2014, Premio Gran de Area de Achega á Arquitectura.

Galería

Notas

Véxase tamén Bibliografía Documentos de arquitectura nº 42. (1999). Delegación de Almería del Colegio Oficial de Arquitectos de Andalucía Oriental. ISSN 0214-9249. Arquitecturas de autor nº 29. (2004). T6 Ediciones. Pamplona. ISBN 84-89713-84-7. Obradoiro, COAG, 1993, Santiago de Compostela, nº22, pp. 11 e 112-123. ISSN 0211-6065.

Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Cataluña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes