Daron Vartan Malakian (en ), nado nos Ánxeles (California) o 18 de xuño de 1975, é un músico estadounidense, guitarrista e segunda voz da banda System of a Down, na que compón a maioría das cancións.

Traxectoria Malakian, de ascendencia armenia, foi á escola Rose & Alex Pilibos en Hollywood, onde coñeceu a Serj Tankian e Shavo Odadjian (baixista da banda). Foi tamén á Roosevelt Middle School e á Glendale High School (Glendale).

Co-produce os álbums de System of a Down con Rick Rubin e á vez producen The Ambulance and Band Acid Trip (unha banda baixo o selo de Serj Tankian, Serjical Strike Records). Nunca lle gustou falar da súa vida privada.

Malakian é quen compón melodicamente case todas as cancións do grupo, a letra adóitaa escribir o vocalista, Serj Tankian. O pai de Daron, Vartan Malakian, fai todos os traballos artísticos do grupo, sobre todo nos dous últimos álbums, é dicir "Mezmerize" e "Hypnotize".

Vive en Glendale (California), non está casado e gústalle coleccionar artigos como esqueletos, candeas e persianas. foi elixido como o cuarto mellor guitarrista do ano na Metal Edge Magazine.

Ten dous álbums extra sen a banda.

Utiliza unha guitarra Ibanez comunmente con traballos artísticos de Vartan Malakian, amplificador Marshal e cordas Ernie ball, aínda que se lle viu en concertos cunha Gibson SG.

Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de California Categoría:Compositores Categoría:Membros de System of a Down Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1975