Medios Digitales de Galicia é unha sociedade anónima do Grupo Voz que, canda Radio Voz Galicia e Voz Audiovisual, pasou a formar parte da sociedade limitada Medios Audiovisuales Gallegos, constituída na Coruña o día 28 de decembro de 2008. A compañía Medios Digitales de Galicia é titular dunha licenza para desenvolver unha canle de televisión dixital terrestre de ámbito autonómico.Constituida la compañía Medios Audiovisuales Gallegos S. L. para desarrollar el canal autonómico de televisión de La Voz. La Voz de Galicia, 31-01-2008. Consultada o 14 de setembro de 2018.

A súa sede está na rúa Gambrinus, nº 97, no Polígono industrial A Grela - Bens, A Coruña.

No ano 2006 o equipo municipal de goberno de Santiago de Compostela adxudicou dúas parcelas no solo industrial de Amio (no Polígono industrial do Tambre) a Medios Digitales de Galicia S.A. para a creación dun centro de produción de televisión dixital terrestre. O Concello santiagués valorou aspectos como as novas tecnoloxías e a creación de emprego á hora de adxudicar estes terreos.Adjudicadas dos parcelas a Medios Digitales de Galicia. La Voz de Galicia, 03-07-2006. Consultada o 14 de setembro de 2018.

A canle de TDT creada foi V Televisión, que comezou a emitir en probas o 9 de marzo de 2010,"La tele de La Voz se estrea cun residual 0,3 % de audiencia" , Xornal de Galicia, 16-06-2010. Consultada o 14 de setembro de 2018. e deixou de funcionar o 1 de xaneiro de 2018, xusto despois das badaladas, cando a canle pasou a negro e deixou de emitir, sen mira de axuste,

Notas

Véxase tamén Outros artigos Medios Audiovisuales Gallegos Grupo Voz V Televisión

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Grupo Voz