O Champagne Châlons Reims Basket, coñecido como CCRB, é un club profesional de baloncesto francés con sede nas cidades de Reims e Châlons-en-Champagne, ambas situadas na rexión do Gran Leste. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. Ao compartir sede, dispta os seus partidos como local Disputa no Complexe René-Tys de Reims, con capacidad para 3.000 espectadores e no Palais des Sports Pierre-de-Coubertin de Châlons-en-Champagne, con capacidad para 2.791 espectadores.
Historia Fundado en xuño de 2010, o Champagne Châlons Reims Basket, ou "CBRC", naceu da unión de dous clubs profesionales de baloncesto, o ESPE Basket Châlons-en-Champagne e o Reims Champagne Basket (RCB), tras ascender este último da Nationale 1 á Pro B. Así, dous históricos rivais da rexión da Champaña combinaron forzas para crear un equipo máis competitivo e financieiramente estábel no baloncesto profesional.
Durante a tempada 2011−12, o Châlons-Reims fixo unha boa temporada ao terminar terceiro na Pro B, destacando a prestixiosa vitoria sconseguida no pavillón de Beaublanc contra Limoges CSP (77-82). Nas eliminatorias polo ascenso o club chega ás semifinais, onde é derrotado polo Boulazac. No ano seguinte, o CCRB finalizou en terceiro lugar, chegando a disputar a final dos playoffs polo ascenso, onde perderon contra o Antibes Sharks. Na seguinte temporada, após liderar o campionato durante case a metade da liga regular, o equipo foi eliminado de novo nos play-offs, esta vez en semifinais ante o Poitiers. Porén, debido á ampliación do número de equipos da Pro A de 16 a 18, o equipo é invitado a xogar na máxima categoría.
Ano a ano AnoNivelLigaCopa 2010–112 Pro B 10º Rolda de 64 2011–122 Pro B 3º Rolda de 32 2012–132 Pro B 3º Rolda de 64 2013–142 Pro B 3º Rolda de 64 2014–151 Pro A 12º Rolda de 32 2015–161 Pro A 15º Rolda de 32 2016–171 Pro A 16º Oitavos de final 2017–181 Pro A 14º Oitavos de final
Xogadores Destacados
Angelo Tsagarakis Guy Landry Edi Ben Bentil Nicolas de Jong Da'Sean Butler Mark Payne Drew Gordon David Ramseier
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Francia Categoría:Reims