A Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) de España é un organismo que permite a clasificación e agrupación das unidades produtoras segundo a actividade que exercen de cara á elaboración de estatísticas.
A última actualización da CNAE entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2009, segundo o disposto no Real Decreto 475/2007, de 13 de abril de 2007, polo que se aprobou a Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2009 (CNAE-2009) e que se comezou a aplicar, con carácter xeral, a partir do 1 de xaneiro de 2009.
A estrutura da CNAE-2009 está baseada en catro niveis de clasificación: sección, división, grupo e clase, con epígrafes identificativos mediante un código alfanumérico dun, dous, tres e catro díxitos, respectivamente.
Normativa europea CNAE A Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE)-2009, resultante do proceso internacional de revisión denominado "Operación 2007", foi elaborada segundo as condicións recollidas no Regulamento CE 1893/2006 de aprobación da Nomenclatura estatística de actividades económicas da Comunidade Europea (NACE) Rev.2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas CNAE no Instituto Nacional de Estadística. CNAE-2009 . Empresas dentro do CNAE. Introdución á CNAE-2009. Correspondencia CNAE-93 Rev.1 con NACE. Correspondencia NACE Rev.2 con CNAE-93. Localizador de códigos cnae.
Categoría:Economía de España