Louis Matias Karl Padin Varela, nado en Estocolmo o 23 de xuño de 1980, é un actor sueco de pais galegos. Creceu en Södermalm ó sur de Estocolmo, e as súas interpretacións de máis sona son as de Miguel Santos en Nya tider, Jorge Chávez na serie Arne Dahl, Jorge Salcedo na terceira tempada da serie de televisión Narcos e Jorge Salinas nos filmes de Snabba Cash.
Traxectoria Fillo de cambadeses, segundo as súas declaracións de pequeno non se consideraba sueco nin eles considerábano sueco, chamábanlle "cabeza negra". Conta igualmente que «ser inmigrante no norte de Europa é unha cousa complicada». Traballou dez anos de albanel e fala con fluidez sueco, galego, español e inglés.
Filmografía
Cine Ano Título Papel Notas 2004 Fröken Sverige Hector Xunto con Alexandra Dahlström, Sverrir Gudnason e Sebastian Ylvenius 2005 Stockholm Boogie Sofo Xunto con Erik Johansson, Jens Malmlöf e Maria Lindström 2005 Storm Knugen Xunto con Joel Kinnaman, Eric Ericson, Eva Röse e Jonas Karlsson 2010 Snabba Cash Jorge Salinas Barrio Xunto con Joel Kinnaman, Dragomir Mrsic, Dejan Čukić, Lisa Henni e Fares Fares 2011 En gång i Phuket Jean Luc Xunto con Peter Magnusson, Alexandra Rapaport e Frida Hallgren 2011 Arne Dahl: Misterioso Jorge Chávez Xunto con Shanti Roney, Malin Arvidsson, Magnus Samuelsson, Claes Ljungmark, Niklas Åkerfelt e Irene Lindh 2012 Arne Dahl: Ont blod Jorge Chávez Xunto con Shanti Roney, Malin Arvidsson, Magnus Samuelsson, Claes Ljungmark, Niklas Åkerfelt e Irene Lindh 2012 Snabba Cash II Jorge Salinas Barrio Xunto con Joel Kinnaman, Lisa Henni, Fares Fares, Dejan Čukić e Madeleine Martin 2013 Fjällbackamorden: I betraktarens öga Bo Hamrin Xunto con Richard Ulfsäter, Emma Swenninger e Sofia Zouagui 2013 Snabba Cash - Livet Deluxe Jorge Salinas Barrio Xunto con Joel Kinnaman, Malin Buska, Martin Wallström, Dejan Čukić e Madeleine Martin 2015 Point Break Grommet Xunto con Luke Bracey, Teresa Palmer, Édgar Ramírez, Ray Winstone, Tobias Santelmann e Delroy Lindo 2016 Assassin's Creed Emir Xunto con Michael Fassbender, Marion Cotillard, Ariane Labed, Brendan Gleeson e Jeremy Irons
Televisión Ano Título Papel Notas 2000 Nya tider Miguel "Mischa" Santos 40 episodios 2011 Covert Affairs - episodio "The Wake-Up Bomb" 2012 Arne Dahl: Upp till toppen av berget Jorge Chávez 2 episodios - miniserie 2012 Arne Dahl: De största vatten Jorge Chávez 2 episodios - miniserie 2012 Arne Dahl: Europa blues Jorge Chávez 2 episodios - miniserie 2013 The Borgias Fernando II de Aragón 4 episodios 2014 Ettor & Nollor Nicola 2 episodios - miniserie 2017 Narcos Jorge Salcedo Terceira tempada 2019 Blinded Peder Rooth Papel principal 2020 Raised by Wolves Lucius Papel recorrente 2021 Hierro Gaspar Cabrera Segunda tempada
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Actores de Suecia Categoría:Suecos de ascendencia galega