Cogua é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia) que se atopa na provincia de Sabana Centro, a 34 quilómetros de Bogotá. Cogua é coñecido principalmente polo Encoro do Neusa, lugar frecuentado para acampar e practicar deportes acuáticos.

Toponimia O topónimo «Cogua», en lingua muisca significa «apoio do cerro», segundo o dicionario de Acosta Ortegón.

Historia Cando o oidor Luis Enríquez fundou Zipaquirá por auto de 17 de xullo de 1600, agregou e poboou en devandita poboación ós indios de Cogua, Némeza e Peza. O traslado ó novo Zipaquirá non se cumpriu, pois en agosto de 1604 foi a visitalos no seu asentamento orixinario o oidor Lorencio de Terrones, quen reuniu en Cogua ós de Némeza e Peza formando unha soa vila, na cal mandou facer igrexa por comisión da Real Audiencia, sendo por conseguinte esta data a de fundación do actual concello.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca Categoría:Confederación muisca