Xamuil XaurisTamén coñecido pola romanización francesa do seu nome, Samuel Chauriz. (en ), nado en Tesqopa (Iraq) o 25 de xaneiro de 1909 e finado o 14 de xuño de 1981, foi un eclesiástico católico caldeo, arcebispo de Urmia dende 1974 até o seu pasamento. Traxectoria Naceu en Tesqopa, unha vila de maioría cristiá e asiria do norte de Iraq (entón baixo soberanía otomá, na provincia de Mosul), e pertencente á eparquía de Alqosh, o 25 de xaneiro de 1909. Entrou na Orde Antoniana de Santo Hormisdas dos Caldeos, e o 28 de outubro de 1951 foi ordenado sacerdote.

O 18 de xaneiro de 1972 foi nomeado arcebispo de Ahvaz. Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca de Babilonia Paulo II o 14 de maio do mesmo ano. O 1 de maio de 1974 foi nomeado arcebispo de Urmia e bispo de Salmas, cargos que exerceu até o seu pasamento o 14 de xuño de 1981.

Notas

Categoría:Nados en 1909 Categoría:Nados en Iraq Categoría:Antonianos de Santo Hormisdas Categoría:Relixiosos católicos de Iraq Categoría:Arcebispos católicos de Iraq Categoría:Bispos católicos de Irán Categoría:Bispos da Igrexa católica caldea Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Finados en 1981