Istifan BiluTamén coñecido pola romanización francesa do seu nome, Stéphane Bello. (en ), nado en Alqux (Iraq) o 5 de setembro de 1910 e finado en Roma o 26 de novembro de 1989, foi un eclesiástico católico caldeo, bispo de Alepo dende 1959 até o seu pasamento. Traxectoria Naceu en Alqux, unha vila de maioría cristiá e asiria do norte de Iraq (entón baixo soberanía otomá, na provincia de Mosul), o 5 de setembro de 1910. Entrou na Orde Antoniana de Santo Hormisdas dos Caldeos, e o 14 de outubro de 1934 foi ordenado sacerdote. Posteriormente doutorouse polo Pontificio Instituto Oriental coa tese «La Congrégation de S. Hormisdas et l'Église chaldéenne dans la première moitié du XIXe siècle», publicada en Roma en 1939; durante este período realizou unha estancia no priorado de Amay entre setembro e outubro de 1937.
En 1948 foi elixido superior da súa orde, cargo que ostentou até 1958. O 23 de outubro de 1959 foi elixido bispo de Alepo. Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca de Babilonia Paulo II o 10 de xaneiro de 1960. Como bispo, participou nas sesións I-IV do Concilio Vaticano II. Durante o seu pontificado, se construíu a catedral de San Xosé de Alepo, así como moitas outras iniciativas na eparquía.
Logo da institución da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo) por Paulo VI, o 19 de xullo de 1975 foi nomeado membro consultor da mesma.
Finou en Roma o 26 de novembro de 1989, e o seu corpo foi enterrado nun mosteiro preto de Alqux.
Obra
Notas
Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en Iraq Categoría:Antonianos de Santo Hormisdas Categoría:Relixiosos católicos de Iraq Categoría:Bispos católicos de Iraq Categoría:Bispos católicos de Siria Categoría:Bispos da Igrexa católica caldea Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Finados en 1989 Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Oriental Categoría:Membros da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental