é un filme xaponés de 1953 dirixido por Teinosuke Kinugasa. Conta a historia dun samurai (Kazuo Hasegawa) que tenta casar cunha muller (Machiko Kyō) que el mesmo rescatou, só para descubrir que el xa está casada. Rodado empregando Eastmancolor, Jigokumon foi o primeiro filme en cor de Daiei Film e o primeiro xaponés en cor en ser estreado fóra do Xapón.

Jigokumon gañou a Palma de Ouro no Festival de Cinema de Cannes de 1954, e en 1955 gañou un Oscar Honorífico como "mellor filme estranxeiro lanzado por primeira vez nos Estados Unidos en 1954", xunto co Óscar ó mellor deseño de vestiario. Ese mesmo ano gañou o New York Film Critics Circle Award de "mellor filme estranxeiro". Tamén gañou o Leopardo de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Locarno.

O filme forma parte da lista dos 1000 mellores filmes de tódolos tempos do The New York Times.

Personaxes Kazuo Hasegawa como Morito Endo Machiko Kyō como Lady Kesa Isao Yamagata como Wataru Watanabe Yatarō Kurokawa como Shigemori Kōtarō Bandō como Rokuroh Jun Tazaki como Kogenta Koreya Senda como Taira no Kiyomori Masao Shimizu como Nobuyori Tatsuya Ishiguro como Yachuta Kenjirō Uemura como Masanaka Gen Shimizu como Saburosuke Michiko Araki como Mano Yoshie Minami como Tone Kikue Mōri como Sawa Ryōsuke Kagawa como Yasutada Kunitarō Sawamura como Moritada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Xapón propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1953 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Teinosuke Kinugasa Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes de samurais Categoría:Óscar honorífico