K'an Mo' Hix, que viviu contra o ano 612, foi un nobre da cidade-estado maia de Palenque. Foi o marido de Sak K'uk', raíña de Palenque, e pai de K'inich Janaab' Pakal, que foi un dos meirandes gobernantes de Palenque e o responsable da construción ou extensión de arquitectura monumental e dalgunhas das inscricións máis notables. É posible que tamén sexa o pai de Ajen Yohl Mat.

Notas

Categoría:Civilización maia