O Antwerp Giants, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Telenet Giants Antwerp, é un club profesional de baloncesto belga con sede na cidade de Anveres (Anveres, Flandres). Actualmente xoga na BNXT League, a máxima categoría do baloncesto de Bélxica e os Países Baixos. O equipo foi fundado 1995 a raíz da fusión de dous dos equipos máis exitosos do baloncesto do país: o Sobabee ou Antwerpse B.C., equipo con oito títulos de Liga (1956, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1973), e o Racing Mechelen, con quince (1965, 1966, 1967, 1969, 1974, 1975, 1976, 1980, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994). Actualmente disputa os seus partidos como local no Lotto Arena, pavillón con capacidade para 5 218 espectadores.
Historia En 1995 os dous equipos máis laureados do baloncesto belga, o Sobabee de Anveres e o Racing de Mechelen, fusionáronse para fundar o Racing Basket Antwerpen. O club fixo o seu debut na máxima categoría, na temporada 1998−99. Até o ano 2001 o equipo acabou sempre entre os tres primeiros postos. Destaca a temporada 1999−00, onde o equipo co nome de Telindus Antwerpen consegue gañar a Copa e o campionado de Liga, este último após vencer ao Oostende por 3−1 nas Finais. O equipo sufriu un revés despois de gañar o campionato e terminou nos postos sexto, sétimo e oitavo durante as seguintes cinco temporadas. No ano 2006 o club muda o seu nome a Antwerp Giants. Ao ano seguinte, en 2007, o equipo gaña o seu terceiro trofeo ao gañar a Copa por segunda vez. O Antwerp Giants posúe o récord de asistencia a un partido de baloncesto en Bélxica despois de xuntar 17.135 espectadores o 31 de xaneiro de 2015, nun xogo que os enfrontaba ao Spirou Charleroi no Sportpaleis. En xuño de 2017 o club anuncia un novo acordo de patrocinio coa compañía Telenet.
Nomes Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como: Racing Basket Antwerpen (1996–1999) Telindus Racing Antwerpen (1999–2004) Daewoo Racing Antwerpen (2005–2006) Antwerp Giants Sanex (2006–2008) Antwerp Diamond Giants (2008–2011) Port of Antwerp Giants (2011–2017) Telenet Giants Antwerp (2017–presente)
Ano a ano AnoNivelLigaCopa Competicións europeas2010–11 1 PBL 5º 18–17 Semifinais 3 EuroChallenge 4–1–32011–12 1 PBL 3º 23–11Subcampión 3 EuroChallenge 6–62012–13 1 PBL 5º 17–13 Oitavos de final 3 EuroChallenge 4–22013–14 1 PBL 4º 21–21Subcampión 3 EuroChallenge 7–52014–15 1 PBL 6º 16–17 Semifinais 3 EuroChallenge 6–62015–16 1 PBL 5º 14–16Subcampión 3 FIBA Europe Cup 13–42016–17 1 PBL 3º 25–17 Cuartos de final 4 FIBA Europe Cup 8–42017–18 1 PBL 2º 27–9Cuartos de final 3 Champions League 5–1 4 FIBA Europe Cup 3–32018–19 1PBL 2º35–9 Campión 3 Champions League3º 15–92019–20 1PBL3º11–6 Campión 3 Champions League 4–102020–21 1PBL3º20–11Cuartos de final 2 EuroCup 1–92021–22 1BNXT6º17–11Cuartos de final 4 FIBA Europe Cup 5–7
Títulos Liga de Bélxica Campión (1): 2000 Subcampión (1): 2018, 2019 Copa de Bélxica Campión (4): 2000, 2007, 2019, 2020 Subcampión (3): 2012, 2014, 2016 Supercopa de Bélxica Campión (2): 2007, 2016 Subcampión (2): 2000, 2014
Xogadores Destacados
Christophe Beghin Sebastien Bellin Thomas de Thaey Maxime De Zeeuw Dennis Donkor Yannick Driesen Ron Ellis Domien Loubry Ralph Biggs Jordan Callahan Thomas Gardner Ian Hanavan Otis Hill Tyler Kalinoski Jason Love Brian Lynch Len Matela LaMarcus Reed Barry Stewart Shaun Stonerook Scott Thomas Gregg Thondique Frank Turner Clayton Vette Michael Roll Ryan Sears Ayinde Ubaka Julian Vaughn Peter Lorant Gur Shelef Mladen Sekularac Nick Oudendag Milos Babic Marko Špica Salah Mejri
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Bélxica