Joshua Michael Richardson, nado o 15 de setembro de 1993 en Edmond, Oklahoma, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 25 de xuño de 2015, Winslow foi seleccionado na 40ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Miami Heat. Tras xogar 10 partidos na Liga de Verán, asinou un contrato cos Heat o 3 de agosto de 2015. Fixo o seu debut cos Heat o 5 de novembro de 2015, xogando sete minutos contra os Minnesota Timberwolves. O 18 de setembro de 2017, Richardson asinou unha extensión de contrato cos Heat por catro anos.
O 6 de xullo de 2019, Richardson foi traspasado ós Philadelphia 76ers como parte do traspaso de Jimmy Butler ós Heat.
O 18 de novembro de 2020, Richardson foi traspasado xunto os dereitos do Draft de Tyler Bey ós Dallas Mavericks, a cambio de Seth Curry.
O 31 de xullo de 2021, Richardson foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Moses Brown.
O 10 de febreiro de 2022, Richardson foi traspasado xunto a Romeo Langford ós San Antonio Spurs, a cambio de Derrick White.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados no condado de Oklahoma, Oklahoma Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans