O folk punk é un xénero musical que fusiona música folk e punk rock. Popularizouse a comezos dos 80 grazas a The Pogues no Reino Unido e a Violent Femmes nos Estados Unidos. O folk punk chegou a conseguir algún éxito entre o grande público durante esa década. En anos recentes os seus subxéneros celtic punk e gypsy punk experimentaron algún éxito comercial.
Características A diferenza do rock celta e o folk rock británico, o folk punk tende a incluír relativamente pouca música tradicional no seu repertorio. A meirande parte dos músicos do xénero interpretan as súas propias composicións, de estilo punk rock pero engadindo instrumentos folk, como mandolinas, acordeóns, banjos ou violíns. Porén, algunhas bandas de folk punk adoptaron formas tradicionais da música folk, como as celeumas.
Notas
Categoría:Folk Categoría:Punk