Strong Island é un filme documental estadounidense-dinamarqués de 2017 dirixido por Yance Ford. O filme céntrase no asasinato do irmán de Ford, William, ocorrido en abril de 1992. William Ford foi un mozo afroamericano de 24 anos que foi asasinado por Mark P. Reilly, un mecánico branco de 19 anos de Lake Grove, Nova York. Un gran xurado composto integramente por brancos do condado de Suffolk rexeitou acusar ó seu asasino, que argumentou autodefensa.

O filme estreouse no Festival de Sundance de 2017. Recibiu un Premio Gotham ó mellor documental en 2017 e foi nomeado ó Oscar ó mellor documental na 90ª edición dos premios. Tamén foi nomeado ós Emmy ese mesmo ano.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Netflix