Fantasmage foi unha banda galega de garage punk formada en Vigo no ano 2011 e disolta en 2014.

Historia Fantasmage formárona en 2011 o batería e vocalista Daniel Nicolás (Indómitos) e o guitarrista e vocalista Andrés Magán (Anenome). Pouco despois editaron unha demo de catro temas, gravada por Manu G. Sanz (Indómitos) en Tomiño, elixida pola revista Mondosonoro como a mellor demo do ano en Galicia-Castela e León.

En abril de 2012 a banda publicou a través de Discos Humeantes o seu primeiro álbum, Fantasmage LP. Os seus temas foron gravados novamente por Manu G. Sanz entre decembro de 2011 e xaneiro de 2012. Nese ano tamén colaboraron coa canción "Cambia de ciudad" no recompilatorio Galician Bizarre II.

No mes de agosto de 2013 editaron un EP compartido de catro temas coa banda alicantina Futuro Terror. As dúas cancións dos galegos foron gravadas polos membros de Triángulo de Amor Bizarro Rodrigo Caamaño e Roberto Mallo en Abanqueiro, Boiro. Ao mes seguinte publicaron outro EP compartido, desta vez cos madrileños Biznaga.

O 1 de abril de 2014 a banda anunciou a súa disolución a través dunha mensaxe no seu perfil de Facebook.

Discografía Álbum Ano Selo Demo 2011 autoeditado Fantasmage LP 2012 Discos Humeantes Fantasmage / Futuro Terror "Compartido" 2013 Discos Humeantes EP compartido con Futuro Terror Fantasmage / Biznaga 7" split 2013 Discos Walden EP compartido con Biznaga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandcamp da banda

Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais de garage punk Categoría:Grupos musicais formados en 2011